O BNG reclama á Xunta que garanta o transporte escolar do alumnado de Baamonde

Olalla Rodil
Olalla Rodil

A deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, declarou que “é escandalosa esta discriminación por parte da Xunta, en vez de dotar servizos, minguan”

O BNG presentou iniciativas para reverter esta situación

O BNG reclama á Xunta que garanta o transporte escolar do alumnado de Baamonde

Lugo, 17 de setembro de 2021.- O Bloque Nacionalista Galego da man da súa deputada por Lugo, Olalla Rodil, reclamou á Xunta de Galiza no Parlamento galego que se garanta o dereito do alumnado da localidade de Baamonde ao servizo de transporte escolar.

 

Olalla Rodil explicou que “nunca antes un alcalde decidira o peche dun centro de ensino, e por riba, co benepácito da Xunta” tras o peche do centro de ensino de Baamonde por parte da Xunta de Galiza e co acordo e coveniencia da alcaldía do concello de Begonte. Agora o alumnado deste centro desenvolve a súa actividade académica no centro de ensino de Parga.

 

Froito desta situación, a Xunta de Galiza está denegando o transporte escolar a estes cativos cando existen outros ex-alumnos deste centro, que tamén están a ir a Parga, os que sí teñen este servizo “o alumnado de Pígara que eran membros do centro de Baamonde, sí están tendo o servizo de transporte, é encandaloso que o alumnado de Baamonde sofra esta discriminación por parte da Xunta de Galiza” sinalou Olalla Rodil.

 

Neste senso, Olalla Rodil subliñou que “esta é a política de demolición do rural do Partido Popular, está a deixar o noso rural sen servizos”. No caso do concello de Begonte, a deputada sinalou “pechan o centro de ensino, despois nin a Xunta nin o goberno municipal foron capaces de frear o peche da oficina bancaria, o Partido Popular denigra os servizos no rural deste País”

O BNG reclama á Xunta que garanta o transporte escolar do alumnado de Baamonde