Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan a peonalización da Mosqueira

Alexandre Penas: “os traballos avanzan a bo ritmo, segundo a planificación acordada entre o concello e a empresa”

O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas revisaron xunto con técnicos municipais e da empresa os materiais que se utilizarán na nova pavimentación

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan a peonalización da Mosqueira

Lugo, 16 de setembro de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitaron xunto con persoal técnico municipal a obra de peonalización da Mosqueira, onde viron os avances realizados nos últimos días. Alexandre Penas explicou que “os traballos avanzan a bo ritmo, seguindo a planificación acordada polo Concello de Lugo e a empresa concesionaria desta actuación”. 

 

O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas comprobaron, xunto co persoal técnico, os materiais que se utilizarán na nova pavimentación da rúa. En total, a execución das obras ten un prazo de 8 meses desde o comezo en xuño,, e foi licitado por 588.836€ á empresa Hermanos Pico Yañez. "Unha das liñas de traballo da área de Mobilidade, da que é protagonista a peonalización do tramo da Mosqueira, é retirar progresivamente os vehículos da Muralla, dando así solución ás vibracións que están a converterse nun problema para a estrutura, tal e como advertiu o ICOMOS", lembrou o edil de Infraestruturas.

 

A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. Alexandre Penas lembrou que "esta actuación servirá como espello de como se pode humanizar o entorno do monumento máis importante de Lugo coa retirada de vehículos".

Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan a peonalización da Mosqueira