Lugo pregunta a Pontevedra polo seu proxecto de transporte a demanda

 O tenente alcalde, Rubén Arroxo, reuniuse co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e con técnicos municipais para coñecer o proxecto municipal

Lugo pregunta a Pontevedra polo seu proxecto de transporte a demanda

Pontevedra, 14 de setembro de 2021. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, reuniuse esta mañá en Pontevedra co edil de Mobilidade Demetrio Gómez para coñecer o modelo de transporte a demanda que está a proxectar o Concello de Pontevedra. “O transporte a demanda no rural é unha das iniciativas do noso programa das eleccións do 2019, hoxe puidemos ver os avances realizados polo Concello de Pontevedra para prestar este servizo”, explicou Arroxo

 

Na xuntanza participaron técnicos de ambos concellos que expuxeron a situación na que se atopa o proxecto en Pontevedra. O concello de Pontevedra mostrou os contratos que están en marcha na actualidade: tanto de creación da app que xestionará o servizo como os estudos de mobilidade da poboación susceptible de empregar este transporte. 

 

 

Rubén Arroxo explicou que “o sistema de Pontevedra podería ser adaptado para aplicarse en Lugo”, e engadiu “Lugo é un concello cunha superficie maior que Pontevedra e tamén con máis parroquias”. O Tenente Alcalde explicou que “o persoal técnico da área de Mobilidade estudará as posibilidades deste sistema para aplicalo en Lugo e contar cun sistema de transporte público no rural”.

Lugo pregunta a Pontevedra polo seu proxecto de transporte a demanda