Máis de 300 persoas recibiron un libro do Fondo Bibliográfico Municipal polo día do libro
Maite Ferreiro: "queremos fomentar a lectura entre as veciñas e veciños de Lugo"
A edil de Cultura agradeceu ás veciñas e veciños de Lugo a boa acollida que tivo esta iniciativa
Lugo, 23 de abril de 2022. Máis de 300 persoas se achegaron ao concello esta mañá para recibir un dos libros que agasallou a concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua polo día do libro. A concelleira Maite Ferreiro agradeceu á veciñanza a boa acollida que tivo esta iniciativa, e explicou que "temos como obxectivo fomentar a lectura entre as veciñas e veciños de Lugo" .
A edil de Cultura lembrou que "puxemos en marcha esta iniciativa o ano pasado, conseguindo que centos de persoas se achegaran ao Concello a conseguir un libro en galego procedente do fondo que garda a concellería de Cultura", e destacou a boa acollida desta iniciativa "todas as veces que a puxemos en marcha".