Maite Ferreiro anuncia dous novos concertos para o San Froilán 2022

Maite Ferreiro
Maite Ferreiro
Maite Ferreiro anuncia dous novos concertos para o San Froilán 2022

Lugo, 10  de setembro de 2022. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, presentou dous novos concertos que se unen ás confirmacións do San Froilán 2022. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, acompañados pro Margarida Mariño e Cántigas e Frores en Santa María, e Dani Nel.lo & Barcelona Big Blues Band serán as agrupacións encargadas de abrir as festas o 4 de outubro ás 21 e 23 horas na praza de Santa María.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre + Margarida Mariño + Cántigas e frores. 4 de outubro. 21h. Praza de Santa María.

 

Dos primeiros sopros de Xabier nunha gaita de fol nos albores dos 80 pasaron case 30 anos. Polo camiño a súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames...Entre o 2005 e o 2009 participou en varios espectáculos de Nova Galega de Danza. Logo chegou Berrogüetto cunha viaxe que durou  até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Esta unión obtivo como froitos dous discos e o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.

 

Ao longo dos anos, realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros/as. Así mesmo, emprendeu numerosas viaxes para levar a música a México, Cimbabue, Alemaña, Uruguai, Italia, Perú, Dinamarca, Francia, Suíza, Arxentina, Noruega, Bélxica, Cuba, Escocia, Irlanda, etc.

 

No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, galardoado como o mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e o mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). Con el tamén obtivo o premio á mellor canción en galego da primeira edición dos premios aRitmar. Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016.

 

Chegaron despois outros dous discos e e unha extensa xira coa que, nos últimos anos, o grupo percorreu Noruega, Suecia, Francia, Bélxica, Escocia, Uruguai, Inglaterra ou Arxentina.

 

Nesta ocasión para o seu concerto de Lugo contará coa colaboración de Cántigas e frores, a máis senlleira das agrupacións tradicionais da nosa cidade, cunha traxectoria infinda no estudo, fomento e divulgación da cultura tradicional galega. Xunto a eles, no concerto de Lugo, poderemos desfrutar da intervención de Margarida Mariño. Violonchelista formada no  Conservatorio Profesional de Música de Vigo e no Conservatorio Superior do Liceo de Barcelona e que recibiu clases de prestixiosos violonchelistas como Cristoph Coin, Barbara Switalska, Asier Polo o Herre Jan Stegenga e formou parte de distintas orquestras a nivel internacional como la Orquestra Réssonance en Suiza, ou La Via dei Concerti en Italia. 

Exploradora dos límites sonoros e estéticos do violonchelo no 2015 foi galardoada co premio Música Xove polo dúo Treme como mellor banda gallega. Margarida tamén é compositora e intérprete de música orixinal para o cinema e publicidade.

 

 

Dani Nel.lo & Barcelona Big Blues Band. 4 outubro 23h, Praza Santa María.

                                               

A Barcelona Big Blues Band, baixo a dirección do contrabaixo Ivan Kovacevic, conxuga un grupo de bos músicos que crean un son enérxico, salvaxe e sofisticado aun tempo. Grazas aos seus arranxos, Kovacevic aplícalle á Big Band toda a súa experiencia e criterio que foi adquirindo en pequenos combos. O resultado, que poderemos desfrutar en Lugo, é un torrente sonoro na tradición de bandas como as de T-Bone Walker ou Johnny Otis.

Enfocada a acompañar aos mellores artistas do rhythm´n´blues a nivel nacional e internacional, tendo deste xeito unha sonoridade ampla e variable de concerto a concerto, colaboraron con Ray Gelato, Myriam Swanson, Mike Sanchez, Jonathan Herrero, Drew Davies, Greg Piccolo, Steve Lucky & Carmen Gettit, Mark Tortorici, Agusti Burriel, Blas Picón, Big Dani Pérez, Lluís Coloma, Santos Puertas etc. Nesta ocasión colaboran co gran Dani Nel.lo, para conseguir un directo profundo e divertido.

Dani Nel.lo é saxofonista, compositor e produtor discográfico. Emprende a súa su carreira xa no 1985, con 17 anos, como saxofonista do grupo barcelonés de rock’n’roll Los Rebeldes. Figura carismática da formación, graba coa banda oito discos ata 1997. A finais dos 90 presenta a súa propia banda baixo o nome de Nel.lo y la banda del zoco. Tras esta experiencia o saxofonista sumérxese no universo do jazz coa creación do grupo Tandoori Le Noir, banda instrumental de Rhythm and blues formada polas figuras máis destacadas do blues en Barcelona. O son particular do seu saxo e o seu magnetismo interpretativo condúceno a colaborar con diversas figuras do ámbito nacional e internacional como Los Lobos, Lee Rocker, Raimundo Amador, Mike Sanchez, Barrence Withfield, Ariel Rot, Jackson Browne, Bunbury...etc. 

Maite Ferreiro anuncia dous novos concertos para o San Froilán 2022