Maite Ferreiro presenta as actividades de animación á lectura e contacontos para o terceiro trimestre de 2022

O ciclo consta de 7 actividades para nenos e nenas, que terán lugar entre setembro e decembro no MIHL

As entradas para cada actividade poderán obterse no portal entradaslugo.es

A área de Cultura colabora coa actividade organizada pola Escola Oficial de Idiomas o vindeiro luns, día europeo das linguas 

Maite Ferreiro presenta as actividades de animación á lectura e contacontos para o terceiro trimestre de 2022

Lugo, 25 de setembro de 2022.  A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades que conforman a nova edición da programación de animación á lectura e contacontos. "Con estas actividades pretendemos achegar ás máis pequenas e pequenos á biblioteca e ao mundo da lectura e dos contos, prestando ademais especial atención ao fomento da igualdade de xénero", explicou Maite Ferreiro.

"Do mesmo xeito que na última edición, realizaremos as actividades nas instalacións do MIHL, para continuar a promocionar esta instalación e a súa singularidade", explicou a edil de Cultura, que engadiu "para asistir será preciso retirar entrada, de maneira gratuíta, no portal entradaslugo.es". As persoas adultas que acompañen ás nenas e nenos terán que retirar entrada, mais para dar preferencia ao público infantil, só se permitirá unha acompañante por unidade familiar, cun límite de tres entradas por persoa.

O ciclo conta cun total de sete actividades, que se realizarán durante a ponte de decembro, entre o 29 de setembro e o 1 de decembro. Cada unha delas está dirixida a unha franxa de idade.

Día Europeo das Linguas

A área de Cultura colabora coa actividade “diccionario vivo”, que terá lugar na praza maior durante o 26 de setembro, día europeo das linguas. Proclamado no 2001, o seu obxectivo é fomentar a aprendizaxe de linguas e concienciar da importancia das mesmas como ferramenta profesional e cultural.

Programación animación á lectura

Xoves, 29 de setembro ás 18:00 horas na Sala de grupos do MIHL.

INACIO VILARIÑO-FANTOCHES BAJ

 “O tranvía Leonardo”

Idades: a partir de 3 anos

Duración: 50 minutos

O xefe do tranvía de Marín a Pontevedra contanos a historia do tranvía Leonardo acompañada dalgunhas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes e dos seus pasaxeiros máis famosos.

 

Xoves, 13 de outubro ás 18:00 horas na Sala de grupos do MIHL.

PABLO DÍAZ

“Contacontos para bebés”

Idades: de 1 a 3 anos

Duración: 40  minutos

Espectáculo musical de Pablo Díaz no que realiza unha viaxe a través de contos adaptados para as crianzas coa súa música como fío condutor.

 

Luns, 24 de outubro ás 18:30 horas na Biblioteca

NÁUFRAGOS TEATRO Obradoiro só para nenas e nenos.

 “A biblioteca ideal”

Idades: a partir de 4 anos

Duración: 90 minutos

Para celebrar o Día das Bibliotecas, vén a biblioteca e crea con nós un libro no que imaxines como sería a túa biblioteca ideal.

 

Xoves, 27 de outubro ás 18:00 horas na Sala de grupos do MIHL

TEATRO GHAZAFELHOS

 “A caixa sen Pandora”

Idades: a partir de 5 anos

Duración: 50 minutos.

Historia protagonizada por Montse Piñón e Papablo Patinho que fai un divertido repaso de mulleres que decidiron romper ca norma e abrir a súa propia caixa, iniciando un movemento imparable pola igualdade.

 

Xoves, 10 de novembro ás 18:00 horas na Sala de grupos do MIHL

TRÉCOLA PRODUCIÓNS

 “Xogo revolto”

Idades: a partir de 3 anos

Duración: 45 minutos

Obra de monicreques que reforza unha adecuada educación emocional libre de estereotipos e de violencia de xénero, ensinando que amosar sentimentos e emocións non nos fai parecer débiles

 

Xoves, 24 de novembro ás 18:00 horas na Sala de grupos do MIHL

TARABELOS

 “Contos nunha roda. Manuela e Manuel”

Idades: a partir de 4 anos

Duración: 50 minutos

Manuel é un macho alfa e Manuela unha rapaza sensible e boa... pero, cando xogan xuntos e ninguén os ve, non son así!

 

Xoves, 1 de decembro ás 18:00 horas na Sala de grupos do MIHL

DUENDE SICO

“Elba e Marcos e os xoguetes encantados”

Idades: a partir de 3 anos

Duración: 60 minutos

Elba e Marcos non comparten os seus xoguestes e iso non está ben. Os xoguetes cobran vida para darlles unha lección: xogos, bromas, cancións e moitas risas.

Maite Ferreiro presenta as actividades de animación á lectura e contacontos para o terceiro trimestre de 2022