A ÁREA DE CULTURA ORGANIZA DISTINTAS ACTIVIDADES ENTRE O 22 DE DECEMBRO E O 5 DE XANEIRO PARA TODA VECIÑANZA, QUE SE AMPLIARÁN CON MÁIS ACTIVIDADES E COS 3 MERCADOS DE NADAL UBICADOS EN DISTINTOS PUNTOS DO CENTRO DA CIDADE

Maite Ferreiro: "A área de Cultura conta cunha intensa programación para público familiar durante o Nadal"

A área de Cultura organiza distintas actividades entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro para toda veciñanza, que se ampliarán con máis actividades e cos 3 mercados de Nadal ubicados en distintos puntos do centro da cidade

Os Reis volverán percorrer as rúas do centro de Lugo o vindeiro 5 de decembro, saíndo do Auditorio Gustavo Freire ás 18:00 e percorrendo a Avenida da Coruña, con remate na Praza Maior a través da rúa Vilalba e Bispo Aguirre

Maite Ferreiro: "A área de Cultura conta cunha intensa programación para público familiar durante o Nadal"

 

Lugo, 26 de decembro de 2023.A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, lembrou a "ampla programación" organizada pola área de Cultura durante o Nadal do 2023, que conta con actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, ou no Vello entre as que se atopan actuacións musicais, obradoiros e contacontos, ademais dos 3 mercados de Nadal ubicados en distintos puntos do centro.

A concelleira de Cultura indicou que "o Nadal é unha data propicia para fomentar tamén a nosa cultura" e engadiu "contamos con actividades para difundir entre as nenas e nenos as nosas tradicións, entre as que se atopan obradoiros de panxoliñas no Vello Cárcere, o concerto de Aninovo da Banda Filharmónica.

 

Do 26 ao 29 de Decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. Obradoiros Panxoliñas. O Vello Cárcere Aprender e disfrutar dos nosos cantos tradicionais con profesores especialistas, utilizando diversos instrumentos; guitarra, ukelele e pequena percusión.

26 e 30 decembro. Medrando no Nadal. Festival de artes escénicas familiares e 1ª Infancia. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

3 de xaneiro. Concerto de Aninovo pola Banda Filharmónica. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

4 de xaneiro. Rancho de Reis Xeitoso e Ranchiño Xeitoso. 17.30h. Recinto Histórico. Danzantes e músicos compoñen o Rancho de Reis Xeitoso polas rúas e prazas facendo Danzas do Ciclo de Nadal (fitas, paos, castañolas) e Cantos de Nadal e de Reis.

5 de xaneiro. Cabalgata de Reis. Chegada dos Reis Magos a Cidade de Lugo, saída ás 18h. Parque da Milagrosa. Actuacións diante do Concello a partir das 18.30 mostra final do Obradoiro de Panxoliñas. Ás 19h Bloco Meigallo.

 

Maite Ferreiro: "A área de Cultura conta cunha intensa programación para público familiar durante o Nadal"