"DENDE O 25 DE DECEMBRO AO 2 DE XANEIRO, CASTROVERDE QUEDA SEN NINGÚN MÉDICO" EXPLICA IRIA CASTRO
O BNG convoca unha concentración en defensa da sanidade pública en Castroverde
"Dende o 25 de decembro ao 2 de xaneiro, Castroverde queda sen ningún médico" explica Iria Castro
A mobilización terá lugar o vindeiro martes 26 de decembro ás 13.00 horas diante do centro de saúde
Castroverde, 25 de decembro de 2023.- O BNG convoca unha concentración en Castroverde pola defensa do Centro de Saúde da vila. Iria Castro, concelleira do BNG en Castroverde, explicou que na actualidade o Centro de Saúde quedara sen ningún médico do 25 de decembro ao 2 de Xaneiro "é a gota que colma o vaso a unha situación xa deplorable da sanidade en Castroverde"
Este desmantelamento non é algo de agora senón que xa comenzou en 2010 cando quitaron a sede da ambulancia medicalizada para O Corgo e posteriormente eliminaron unha praza dun facultativo e quedaron 2 prazas para 2500 habitantes a maioiría unha poboación moi envellecida e polo tanto que precisa unha atención médica continua "A veciñanza de Castroverde estamos fartas de que nos quiten servizos e fartas de non ter facultativos que nos atendan", explicou a nacionalista. Ademais temos que ter en conta que a atención pediatrica esta compartida con A Fonsagrada e cando esta facultativa colle vacacións ou baixas NUNCA se sustitue o que volve a implicar a saturación de urxencias do Hula ou do PAC do Corgo.
O BNG destaca a gravidade da situación, dado que durante todos estes días a veciñanza ten que desprazarse ata o PAC do Corgo ou ao Hula a unhas urxencias xa de por si moi saturadas.
Ante esta situación, o BNG de Castroverde convoca a toda a veciñanza afectada a unha concentración o vindeiro martes 26 de decembro ás 13.00 horas diante do do centro de saúde. Iria Castro "anima á cidadanía a asistir á concentración como mostra de denuncia social ante a política de recortes e privatizacións que o PP leva aplicando na sanidade pública."