A ÁREA DE PARTICIPACIÓN ENTREGA AGASALLOS Á VECIÑANZA POR COMPRAS A PARTIR DE 40€ NAS MAÑÁS DOS SÁBADOS ATA O VINDEIRO 30 DE DECEMBRO

Participación entrega máis de 300 agasallos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal nunha nova xornada da campaña O noso Mercado é un Agasallo

A área de Participación entrega agasallos á veciñanza por compras a partir de 40€ nas mañás dos sábados ata o vindeiro 30 de decembro

Só nesta mañá, rexistráronse máis de 12.000€ de facturación, pechando a xornada do 23 de decembro como un dos días de maior facturación dos distintos postos

Participación entrega máis de 300 agasallos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal nunha nova xornada da campaña O noso Mercado é un Agasallo

 

Lugo, 23 de novembro de 2023. A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, deu conta dos datos rexistrados nesta xornada xornada da campaña "O noso mercado é un agasallo", que ten como obxectivo incentivar o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal e destacar a importancia de consumir produtos de proximidade no comercio local, especialmente durante a campaña de Nadal.

Na primeira mañá de promoción, rexistráronse máis de 300 compras de máis de 40 euros, facturando os distintos postos da Praza e do Mercado unha cifra superior aos 12.000 euros. Cristina López calificou a xornada de hoxe como "un dos días de maior facturación na Praza e no Mercado de todo o ano", e afirmou que "gran parte da veciñanza de Lugo aproveita estas dúas instalacións para realizar as súas compras de Nadal".

A campaña celebrarase durante o 2023 todos os sábados en horario de mañá. A área de Participación habilitará un posto durante os días de promoción no horario de apertura da Praza para que todas as persoas poidan achegarse cos tiques dos distintos postos da Praza e do Mercado e canxealos polos agasallos que se entreguen ese día, entre os que destacan varios deseños de bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida ou material promocional da Praza e do Mercado.

Participación entrega máis de 300 agasallos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal nunha nova xornada da campaña O noso Mercado é un Agasallo