Maite Ferreiro asiste ao proxecto MAG
A concelleira de Cultura destacou a importancia de “tecer sinerxias entre distintos sectores para crear novas formas de expresión cultural”
O proxecto MAG, posto en marcha pola deseñadora Inés López e a pintora Ángeles Teixeiro fusionou arte, moda e gastronomía
Lugo, 22 de abril de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiu esta tarde á mostra do Proxecto MAG, posto en marcha pola deseñadora Inés López e a pintora Ángeles Teixeiro, que consistiu nunha fusión de arte, moda e gastronomía. Maite Ferreiro destacou a importancia deste tipo de iniciativas, “que buscan tecer sinerxias entre distintos sectores para crear novas formas de expresión cultural”.
A experiencia, que tivo lugar no taller de INPE, consistiu na mostra da labor de 10 artistas plásticos (Lomarti, Colomán, Cris Bamio, Juan Carlos Martínez, Ánxela Pardo, Iván Mouronte, Gemma López, Karol Farias, Telarete e Mamá Color) que realizaron un deseño exclusivo sobre a chaqueta dos chefs de 10 restaurantes da cidade (Paprika, Bulló, España, Canedo, Os Cachivaches, Colón, Farabuto, Vitato, Casa Grande de Nadela, Alberto 2 e Anda).
A actividade emitiuse en directo a través das redes sociais.