Continúan as actividades do Cemiterio Municipal cunha nova visita teatralizada
A actividade terá lugar este domingo a partir das 17:30
As entradas poden retirarse nas oficinas do Cemiterio e na Oficina de Turismo
Lugo, 22 de abril de 2021. Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, lembrou que o Cemiterio Municipal acolle este domingo unha nova visita teatralizada. Baixo a forma de Faladoiros de Domingo, constitúen unha actividade teatral cuxo guión e interpretación corre a cargo de Achádego Teatro, grupo local cunha importante traxectoria artística.
As visitas continuarán os días 22 de maio e o 19 de xuño. Cristina López afirmou que estas visitas son “un éxito de asistencia entre a veciñanza cada vez que se realizan”.
O 1 de maio, a Escola Palimoco de Teatro e Danza organizará unha celebración polo día da nai, e o 29 de maio a partir das 20 horas, o cemiterio acollerá a representación do Estudio Teatral de Lorca.