Maite Ferreiro: “a calidade da programación cultural de Lugo faise ver cos distintos premios gañados polas obras que se achegarán nos vindeiros meses”

As 37 actividades culturais que dan forma ao primeiro semestre de teatro de 2023 acumulan 10 premios, entre os que se atopan dous premios MAX e 5 premios Fetén

A selección de actividades elaborada pola área de Cultura inclúe “o mellor do teatro galego xunto cunha coidada seleccións de propostas permiadas en importantes festivais”

Maite Ferreiro: “a calidade da programación cultural de Lugo faise ver cos distintos premios gañados polas obras que se achegarán nos vindeiros meses”

Lugo, 31 de xaneiro de 2023. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, destacou a calidade da programación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal durante os primeiros meses de 2023. Maite Ferreiro explicou que "contamos con preto de 40 actividades culturais con contidos para todos os públicos, que acumulan diversos recoñecementos a nivel galego e estatal”.

O Auditorio Municipal acollerá nestes meses a espectáculos gañadores dos principais premios de artes escénicas do estado, con dous premios MAX, outorgados pola SGAE aos mellores espectáculos de artes escénicas, e 5 premios Fetén, outorgados durante a Feira Europea das Artes Escénicas para Nenas e Nenos que se entregan cada ano en Xixón. Ademais, a programación conta con espectáculos recoñecidos con diversos premios, como o Luísa Villalta da Deputación da Coruña, o premio BBVA de Teatro, ou o premio Territorio Violeta, ata completar os 10 galardóns que recibiron os distintos espectáculos que conforman o semestre.

"Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación ", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez, traendo a Lugo o mellor do teatro galego xunto cunha coidada selección de propostas premiadas en importantes festivais".

A programación inclúe en total 37 actividades, con 16 propostas para público adulto, 6 enmarcadas no ciclo Lugo en Danza e 15 para público familiar. Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. Ademais haberá bonos a un prezo de 48€ nas actividades para público adulto e de 20€ para as actividades adicadas a público familiar, que permitirán acceder ás distintas actividades. No caso do ciclo Primeira Infancia, o bono terá un prezo de 10€ e para as actividade de danza do ciclo LED, 18€. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.

Actividades culturais premiadas

19 de xaneiro, 20:30

“Bravas” de Isabel Risco – III Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña.

21 de xaneiro, 18:30

“Laika” de Xirriquiteula Teatre – Premio MAX de teatro 2021 ao mellor espectáculo para público infantil, xuvenil ou para público familiar. 19º Premio BBVA de teatro.

5 de febreiro, 18:30

“La niña de las trenzas al revés” de El callejón del gato – Premio Fetén 2021 á mellor adaptación escénica. Premio Territorio Violeta ás artes escénicas e igualdade.

26 de febreiro, 18:30

“La fábula de la ardilla” de La Baldufa teatre – Premio Fetén 2022 á mellor producción. Premio Fetén 2022 ao mellor espazo escénico.

20 de abril, 20:30

“Hamelin” de Redrum Teatro – Premio MAX 2006 ao mellor autor (Juan Mayorga).

23 de abril, 16:30 e 18:00

“Ventanas” de Teatro Paraíso – Premio Fetén 2022 ao mellor espectáculo de primeira infancia.

30 de abril, 18:30

“Las cotton” de Anita Maravillas – Premio Fetén ao mellor espectáculo de títeres 2021.

Maite Ferreiro: “a calidade da programación cultural de Lugo faise ver cos distintos premios gañados polas obras que se achegarán nos vindeiros meses”