FERREIRO TRASLADARÁ UNHA CARTA AO DELEGADO TERRITORIAL DA XUNTA DE GALIZA PARA DEMANDAR QUE AS MELLORAS DESTE ESPAZO "PERMITAN O DESENVOLVEMENTO DA GRAN FESTA DO OUTONO GALEGO"

Maite Ferreiro demanda á Xunta de Galiza "celeridade" nas obras que afectan á praza de Santa María

A edil de Cultura afirmou que "a Xunta leva desde febreiro con obras na Catedral, agardamos que o espazo esté listo para o San Froilán"

Ferreiro trasladará unha carta ao Delegado Territorial da Xunta de Galiza para demandar que as melloras deste espazo "permitan o desenvolvemento da gran festa do outono galego"

Maite Ferreiro demanda á Xunta de Galiza "celeridade" nas obras que afectan á praza de Santa María

 

 

Lugo, 29 de agosto de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, dirixiuse ao Delegado Territorial da Xunta de Galiza en Lugo para demandar maior celeridade de cara ao remate das obras que se están a desenvolver na Catedral de Lugo desde o pasado mes de febreiro. Ferreiro afirmou que "agardamos que a Xunta teña este espazo acondicionado para o inicio do San Froilán, dada a importancia da praza de Santa María, que é un dos principais escenarios das festas", destacou.

Ferreiro solicitou que as melloras que se están a executar non supoñan un problema para o normal desenvolvemento das celebracións de San Froilán. A edil considera que, dado o tempo transcorrido dende o inicio das obras, "é necesario garantir que a praza de Santa María poida ser utilizada con normalidade durante estas datas".

O proxecto de reparación de humidades da cabeceira da catedral de Lugo conta cun investimento de 451.001,94€. Segundo os datos publicados pola propia Xunta no portal contratosdegalicia.gal, as obras contaban cun prazo de execución de 6 meses, desde o inicio das obras o pasado 1 de febreiro. "Entendemos que este tipo de actuacións poden sufrir retrasos, mais é preciso dar o empuxón final ás obras para que a praza esté lista para o San Froilán", afirmou Ferreiro.

 

Maite Ferreiro demanda á Xunta de Galiza "celeridade" nas obras que afectan á praza de Santa María