Maite Ferreiro e Felipe Rivas presentan as actividades do Samaín 2022
O luns 31, a veciñanza de Lugo poderá desfrutar de distintas actividades de rúa
Felipe Rivas: “a Santa Compaña volverá peregrinar polas rúas do recinto histórico, unha actividade que tivo gran éxito nos últimos anos”
Lugo, 27 de outubro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co edil de Educación, Felipe Rivas, presentaron as actividades do Samaín 2022, que contará con distintas propostas de lecer que, segundo declarou Felipe Rivas, "achegarán distintas propostas para todos os públicos nas rúas da cidade”.
A área de Cultura programou actividades de animación nas rúas do casco histórico, que terán lugar o vindeiro luns 31 a partir das 20 horas. 19:00 coa Tambukda de Medo, continuando a partir das 20:30 co espectáculo itinerante Paseo das Ánimas e coa volta do Peregrinar da Santa Compaña, “unha actividade que tivo gran éxito nos últimos anos”.
O Vello Cárcere contará cunha programación especial para o Samaín 2022, con actividades arredor desta data no espazo de lecer do centro cultural o 29 e o 30 de outubro entre as 11 e as 12:30. Ademais, o 31 de outubro, entre as 18:00 e as 19:00, a biblioteca acollerá a actividade Pequeviñetistas Terroríficos, para nenas e nenos de entre 7 e 12 anos. Para inscribirse, será preciso contactar co Vello Cárcere a través de correo electrónico ([email protected]) ou no teléfono 982 297 195.