Maite Ferreiro inaugura a exposición Así xogabamos
Maite Ferreiro: “trátase dun percorrido por unha parte da nosa historia máis recente, unha exposición para toda a familia para compartir lembranzas da infancia e ver como mudan os tempos”
A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 28 de maio na sala de exposicións temporais do MIHL
Lugo, 05 de febreiro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreio, xunto con Cristina López, concelleira de Participación, e representantes da asociación Tekubi Toy, inauguraron a exposición Así Xogabamos, que abriu hoxe as súas portas na sala de exposicións temporais do MIHL. Ferreiro explicou que “essta exposición é un percorrido por unha parte da nosa historia máis recente, na que toda a familia poderá compartir lembranzas da infancia e ver como mudan os tempos a través dos xoguetes que desfrutamos en cada xeración”.
A exposición Así xogabamos comezou hoxe cunha serie de obradoiros organizados no MIHL pola asociación Tekubi Toy para nenas e nenos de 4 a 7 e de 8 a 12 anos. Os obradoiros comezaron hoxe, en horario de 5 de 11 a 12 e de 12:30 a 13:30, e continuarán mañá de 11 a 12 horas.
A exposición poderá visitarse ata o vindeiro 28 de maio, nos horarios de apertura do MIHL, de martes a venres de 10 a 13:30 e de 16 a 19:30, sábados, domingos e festivos de 10 a 14 e de 16:30 a 19:30, e durante a semana santa de 10 a 14h e de 16:30 a 20:30. O día internacional dos museos, 18 de maio, o MIHL abrirá en horario ininterrumpido dende as 10 ata as 20 horas.
Maite Ferreiro explicou que “estamos ante unha exposición que pretende crear un punto de encontro entre distintas xeracións, un espazo no que lembrar e aprender”, e engadiu “continuamos a achegar propostas novidosas e alternativas ao MIHL, continuando co éxito do ano pasado, onde se superaron todos os rexistros de visitantes dos últimos anos”.