O Goberno de Lugo renova os bancos da zona urbana
Alexandre Penas: "trátase dunha intervención de moi baixo custo, que permite mellorar a imaxe da zona urbana e garantir o bo estado das instalacións públicas"
Acondicionaranse 70 bancos instalados na zona urbana
Lugo, 03 de febreiro de 2022. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas anunciaron que veñen de comezar os traballos de renovación dos bancos da zona urbana.
Alexandre Penas explicou que “comezamos cunha intervención que mellorará enormemente a imaxe da cidade e garantirá que as veciñas e veciños poidan desfrutar dunhas instalacións públicas de calidade, unha intervención que ademais supón un custo moi baixo para o concello”.
Os traballos comezaron na zona centro da cidade, e expandiranse nos vindeiros días ao resto da zona urbana. En total actuarase en 70 bancos, nos que se realizarán traballos de lixado e preparación de listóns para aplicar aplicar un novo producto protector para a madeira, o que permitirá unha boa durabilidade da actuación realizada.
"Esta actuación complementa ao traballo realizado pola brigada municipal de vías e obras, que realiza unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade", explicou o edil de Infraestruturas.
Penas lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. "As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona", declarou o concelleiro, e engadiu "moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade".