O BNG chama á veciñanza a apoiar a campaña Lugo Quere Tren
Rubén Arroxo: “iniciamos unha entrega de bandeiras e pegatinas para que a veciñanza mostre o seu apoio ás reclamacións dun tren digno para Lugo”
O BNG comezou hoxe a entrega do material da campaña ás veciñas e veciños, na mesa de sinaturas colocada na rúa da Raíña
Lugo, 02 de febreiro 2022. O BNG continúa coa campaña Lugo quere tren, cunha mesa de recollida de sinaturas na rúa da Raíña. O portavoz do BNG, Rubén Arroxo, explicou que “comezamos hoxe unha entrega de bandeiras e pegatinas para que as veciñas e veciños de Lugo poidan mostrar o seu apoio á campaña que busca reclamar un tren digno para Lugo”.
O BNG comezou hoxe na mesa de sinaturas colocada na rúa da Raíña a entregar as bandeiras para colgar dos balcóns e das pegatinas para coches a todas as veciñas e veciños que se achegaron a recoller información sobre a situación actual do transporte ferroviario en Lugo e as alternativas do BNG para melloralo.
O BNG defende o ferrocarril como o medio de transporte do futuro, apostando pola transición enerxética e a mobilidade sostible. Felipe Rivas afirmou que “a chegada do AVE a Galiza só supuxo que agora sexa máis rápido ir en tren de Lugo a Madrid que de Lugo a Compostela”.
“Lugo é a única cidade de Galiza que non ten conexión directa por tren coa capital do país, un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela”, afirmou Felipe Rivas.