Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere acolle a exposición Acción Laxeiro

O acto de inauguración da mostra contou coa presencia do presidente da academia galega de belas artes, Manuel Quintana

A mostra poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 31 de outubro

Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere acolle a exposición Acción Laxeiro

Lugo, 15 de setembro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou a mostra Acción Laxeiro, organizada pola Academia Galega de Belas Artes, que chega ao Vello Cárcere despois de presentarse na Coruña, nunha viaxe por toda Galiza que levará a pintura de Laxeiro a Lalín, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Ourense.

A concelleira de Cultura estivo acompañada polo presidente da Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana e polo Director Xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lourenzo, que participaron na presentación xunto co comisario da mostra.

A exposición está incluída nas actividades de celebración do Día das Artes Galegas 2022, adicado a Laxeiro, e recolle tres aspectos da relación do pintor de Lalín co académico Xurxo Lobato. Na mostra amósase ao pintor realizando unha obra, o que engade un importante interese documental ao respecto da faceta creativa de Laxeiro.

Acción Laxeiro poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 31 de outubro.

Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere acolle a exposición Acción Laxeiro