O BNG comeza hoxe a recollida de sinaturas da ILP pola atención primaria na cidade de Lugo
Felipe Rivas, responsábel local do BNG “sumámonos a esta iniciativa para frear o desmantelamento da nosa sanidade pública”
O BNG colocará o vindeiro xoves, 21 de setembro, ás 12 horas, unha mesa informativa no centro de saúde de Fingoi
Lugo, 15 de setembro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego iniciou hoxe no centro de saúde da Milagrosa de Lugo, o comezo da campaña de recollida de sinaturas en apoio a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da Atención Primaria.
Esta ILP que se está desenvolvendo por toda Galiza, reclama o fortalecemento dos servizos sanitaros, en concreto os de atención primaria, coa inclusión de medidas e mecanismos. Como por exemplo: a eliminación das listas de agarda, garantir a presencialidade ou mellorar a estructura e o funcionamento dos centros de saúde.
O responsábel local do BNG en Lugo, Felipe Rivas, declarou "desde o BNG sumámonos a esta iniciativa se SOS Sanidade Pública para frear o desmantelamento da nosa sanidade pública, por isto, colocaremos mesas informativas pola cidade para que a veciñanza participe nesta ILP para blindar o noso dereito á saúde”
Deste xeito, Felipe Rivas anunciou “a seguinte data para participar será o vindeiro xoves, 21 de setembro, no centro de saúde de Fingoi ás 12 horas” no que destacou “animamos á veciñanza de Lugo a participe e contribúa a frear a privatización e o roubo da nosa sanidade pública”