Maite Ferreiro presenta as actividades do Lugo en Danza para o 2021
O ciclo comezará o venres 26, e traerá ao longo do ano un total de 9 propostas de danza contemporánea e artes do movemento
Maite Ferreiro: “apostamos pola pluraridade na programación escénica e por dar cabida e visibilizar a Danza na cidade”
Lugo, 21 de febreiro de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades que dan forma ao ciclo Lugo é Danza para o ano 2021. “LED é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e das artes do movemento, co que dende a área de cultura tratamos de ofrecer opcións diversas, ampliando o acceso á cultura das veciñas e veciños ao campo da danza contemporánea e as artes do movemento”, indicou Maite Ferreiro.
“O proxecto complétase con diversas iniciativas de mediación coa idea de estabelecer pontes e vías de comunicación con distintas comunidades artísticas, dentro e fóra do auditorio”, indicou Maite Ferreiro, que engadiu “organizaranse coloquis e obradoiros gratuitos, así como colaboracións con artistas de outras disciplinas, seguindo sempre coa programación de actividades culturais mantendo todas as medidas de seguridade”.
“Desde a Área de Cultura, Turismo e Promoción da lingua, apostamos pola pluraridade na programación escénica e por dar cabida e visibilizar a Danza na cidade”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “favorecemos que as artistas e creadoras teñan máis lugares e espazos de expresión e onde mostrar os seus traballos e garantimos que a cidadanía de Lugo poda ter acceso a unha cultura plural”.
Programación Lugo En Danza
A primeira actuación do Ciclo ven da man de Jesús Rubio Gama coa peza “Gran Bolero”, gañadora do premio Max 2020 ao mellor espectáculo de danza. Nunha extenuante reinterpretación do Bolero de ravel con doce bailaríns en escea que terá lugar o próximo venres 26 de febreiro ás 20h no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
-
Venres 26 de febreiro do 2021. “Gran Bolero” de Jesús Rubio Gamo.
-
Venres 19 de marzo do 2021. “Non hai que ser unha casa para ter fantasmas” de Pálido Domingo.
-
Venres 30 abril do 2021. “Emigrantas” de Kirenia Fernández.
-
Venres 14 de maio “Bailar agora” de Cía Traspediante.
-
Venres 4 de xuño. “HARA” de Andrés Corchero.
-
Venres 18 e sábado 19 de xuño. “Señora” de Rebeca Carrera e “Debut” de Rosa Romero.
-
Venres 24 de setembro do 2021. “Technocracia” de Funboa Escénica.
-
Venres 29 outubro do 2021. “Em-na” de Colectivo Glovo.