Maite Ferreiro presenta as actividades organizadas pola área de Cultura polo 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Ferreiro: “contaremos con poesía e música para celebrar esta data, importante para todas as veciñas e veciños de Lugo”

As actividades realizaranse no adarve da muralla durante a tarde do día 30

Maite Ferreiro presenta as actividades organizadas pola área de Cultura polo 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade

Lugo, 25 de novembro de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou as actividades coas que o Concello de Lugo celebrará o 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade. As actividades terán lugar durante a tarde do martes 30, “contaremos con poesía e música para celebrar esta data importante para todas as veciñas e veciños de Lugo”.

 

As actividades comezarán ás 17:00, o coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoan Montes actuará na praza Pío XII, interpretando distintas pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart, entre outros.

 

A partir das 19:00, sairá da porta de Santiago un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense de creación poética Xistral. Contará coa participación de distintos músicos da cidade, entre os que se atopan Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro, e con distintas persoas recitando poesía nas distintas paradas do roteiro.

Maite Ferreiro presenta as actividades organizadas pola área de Cultura polo 21 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade