Maite Ferreiro presenta os concertos de Corizonas e Ángel Stanich, que se unen ao cartaz do San Froilán 2021

Maite Ferreiro

Os concertos terán lugar o venres 8 en Santa María e o domingo 10 na Horta do Seminario 

Ángel Stanich chega a Lugo co seu novo traballo, “Una visión global bastante aproximada”, primeiro disco que publica desde o 2017

Maite Ferreiro presenta os concertos de Corizonas e Ángel Stanich, que se unen ao cartaz do San Froilán 2021

Lugo, 24 de setembro de 2021. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua anunciou dous novos concertos que amplian as actividades confirmadas para o o San Froilán 2021. O venres 8, a praza de Santa María contará coa presenza de Corizonas, e Ángel Stanich virá á praza Horta do Seminario o domingo 10.

Corizonas nace da unión entre dúas bandas distintas, Arizona Baby e Los Coronas, cando realizaron unha xira conxunta titulada Dos Bandas y Un Destino, que en poucos meses se converteu nunha cita obrigada para as seguidoras do rock estatal. Este ano estrearon o terceiro álbum de estudo, Corizonas III, que se une aos dous EPs e 5 Sinxelos xa publicados. Corizonas é un dos grupos habituais no cartaz dos festivais máis relevantes no panorama do rock estatal, como o BBK Live ou o Sonorama.

https://corizonas.com

O roqueiro Ángel Stanichn chega a Lugo co seu novo proxecto, “Una visión global bastante aproximada”, o primeiro disco que publica desde o ano 2017. Autodenomínase como “Lysergic Songwriter”, e posúe unha voz e un estilo moi particulares cantando e compoñendo cancións con referencias a uns Estados Unidos de estrada, áridos e cinematograficamente metafóricos.

https://www.angelstanich.com/

Maite Ferreiro presenta os concertos de Corizonas e Ángel Stanich, que se unen ao cartaz do San Froilán 2021