Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal enmarcada no segundo semestre de 2021

Maite Ferreiro animou "a descubrir e desfrutar do teatro con esta programación" e lembrou que a cultura é segura

A área de Cultura organiza 19 actividades culturais con contidos para diversos públicos

Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal enmarcada no segundo semestre de 2021

Lugo, 25 de setembro de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal até final de ano, enmarcada na programación do segundo semestre do 2021. Maite Ferreiro explicou que "en total son 19 propostas, para distintos públicos, con actuacións de grupos de teatro de recoñecida calidade que conseguiron distintos premios.

"Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas na Galiza, que serán o fío condutor da programación, e contaremos tamén con obras internacionais de calidade contrastada", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez".

A programación inclúe un total de 12 propostas para público adulto e 7 para familias. Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.

 

Programación Segundo Semestre 2021

 

 

30 de setembro, xoves. “Serva me servabo te” do Centro Dramático Galego.

Recomendada maiores de 14 anos.

Duración: 70 minutos

20.30 horas

Dirección e dramaturxia

Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez.

Elenco artístico

Belén Bouzas, Olga Cameselle, Bal Castro, Raquel crespo, María Llanderas, Diego M. Buceta, Fran Martínez e Cris Vilariño.

Fantasiamos coa imaxe dun edificio de vinte alturas que se derruba por mor dunha carga de explosivos. Sabemos das nosas forzas e estas mans apenas conseguen pregarse forte nun puño pechado. Agora estas que nós somos non conseguimos abater torres, pero si ser o po que testemuña o derrubamento. Tamén podemos bailar; parece sinxelo, pero nin a todos os corpos lles é permitido. Podemos falar de amor. Un día dixéronnos que non era serio falar de amor, que tiñamos que falar de cousas máis importantes. Igual agora é o momento. Armar un plan. Bailar un plan.

 

21 de outubro, xoves. “La suerte” de Pérez & Disla

Recomendada público maior de 14 anos.

Duración: 70 minutos

20.30 horas

Dirección

Jaume Pérez Roldán + Toni Agustí + Santiago Ribelles

Elenco artístico

Juli Disla e Jaume Pérez

 

 

El precisaba unha familia. Nós desexabámola. Peripecia dun encontro: historia dunha adopción homoparental.

A adopción é un proceso no que importa sempre o beneficio do menor por riba de calquera outro interese, xa sexa o da familia biolóxica ou o da familia adoptiva. Ten como finalidade buscar unha familia para un menor e non un menor para unha familia. A adopción concédese como un recurso de prevención para aqueles que non poden permanecer coa súa familia. Establece un tipo de filiación diferente á biolóxica: a filiación afectiva.

O proceso de adopción nacional pode alongarse ata oito anos e non é definitivo ata que a xustiza dicta o auto de adopción.

La suerte fala da nosa propia experiencia como familia homoparental e interracial. Unha peripecia emocional e vital pero tamén un longo camiño administrativo e xudicial que ten como finalidade conseguir formar unha familia.

A través da nosa vivencia íntima queremos falar da diversidade, de cales son os modelos de familias, de como vivimos as cuestións raciais, de cales son os referentes, o contorno no que se desenvolven os menores e de como inflúe a política en todo isto.

Por outra banda, La suerte tamén é unha homenaxe ao noso fillo. Que lle poda servir como Libro de vida nun futuro. Con respecto, honestidade e emoción queremos dedicarlle este proxecto.

Por último intentamos debuxar a resposta ás seguintes preguntas: Que é ser unha familia normal? Respecto a que parámetros ou condicionantes?

 

24 de outubro, domingo. “Semente. O home que plantaba árbores” de Eme2

Teatro familiar. Recomendada público infantil maior de 7 anos.

Duración: 55 minutos

18.30 horas

Dirección

José Carlos García

Elenco artístico

Mercedes Castro

 

"A terra non é miña, eu son da terra"

A partir do libro O home que plantaba árbores de Jean Giono.

Inspirado en acontecementos reais, Semente. O home que plantaba árbores é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu arredor.

Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.

É unha historia admirable que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando unicamente os seus propios medios, consegue reforestar el só unha das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.

 

 

28 de outubro, xoves. “Un home con lentes de pasta” de Redrum.

Duración: 80 minutos

20.30 horas

Dirección

Alex Sampayo

Elenco artístico

Laura Míguez, Sheyla Fariña, Guillermo Carvajo e Fernando González

Sheyla acaba de ser abandonada pola súa parella.  Laura e Fer quérena animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade os desexos que aparcara: escribir. Traerán a cear a Guillerme. El é o poeta capaz de namorar a calquera cuns breves versos. Pero a Guillerme non lle van satisfacer as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. Guillerme desexa algo máis.  Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren, as súas vidas penden dun fío, afóganse na dúbida, algo que Guillerme non vai desaproveitar. 

Esta comedia negra estreada en Barcelona no 2010 recibiu o premio da crítica Serra D'or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out no 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada ao mellor texto catalán nos Premios Max do 2011. 

 

31 de outubro, domingo. “Hay una sirena en mi salón” de La teta calva.

Teatro familiar. Recomendada público infantil maior de 6 anos.

Duración: 43 minutos

18.30 horas

Dirección

María Cárdenas e Xavo Giménez

Elenco artístico

Xavo Giménez, Coto Peral

"A miña filla Marina non pode camiñar porque é unha serea".

Marina é unha nena que non pode andar. Pero encántalle nadar. Desde que naceu, seu pai lévaa de aquí para alá. Coa súa cadeira, a ombreiros, colgada das súas costas, a pés de xigante... Ata que un día lévaa á piscina. Alí, Marina, síntese diferente. Alí Marina faise serea. Nada nin ninguén lle pode impedir moverse con liberdade. "Hay una sirena en mi salón" baséase na historia real de Valentina, unha nena de sete anos. Unha nena con AME, atrofia muscular espinal, unha estraña enfermidade que lle impide andar. Pero ela está chea de forza para lanzarse á piscina da vida cun salto de reviravolta. Esta é a historia dun pai e da súa filla. Un pai que coida a súa filla para que nada lle pase. E unha filla que só quere que pasen cousas.

 

4 de novembro, xoves. “Drop” de Pistacatro Produtora de Soños.

Teatro familiar. Recomendada público maior de 10 anos.

Duración: 60 minutos

20.30 horas

Dirección

Pablo Reboleiro.

Elenco artístico

Aitor Garuz, Santiago Montero, Guillermo Porta, Pablo Reboleiro, Nacho Muñoz

 

Onde residen os obxectos? Os obxectos, cando están quietos, apoiados no chan, sobre as súas bases, poden ser útiles, belos, oportunos, chamativos ou discretos … pero, non están vivos. O lugar no que os obxectos destellan e se inflaman coa vida, onde realmente arden de vida, é no ar. É por isto que volvémonos tolos cos globos, coas pompas de xabón, os drons, os as cometas e as estrelas. Drop é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas. Persoas que desenvolven unha cualidade especial para manter obxectos flotando no ar. Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida. Pero fora diso e ó igual que o resto das persoas, os nenos medran e conviven co seu entorno, cos seus retos, cos seus problemas, cos seus atributos e carencias, e tratan de manter todo no ar para sobrevivir nun lugar no que todo remata caendo. Por iso Drop xoga, constantemente e máis que nunca, coa metáfora que compara ós malabares coa vida. E lémbranos que, dalgún xeito, todas e todos somos grandes malabaristas. Catro malabaristas e un pianista convídannos a vivir no mundo dos soños, no que ollamos patróns, coreografías de obxectos, debuxos no ar que non son outra cousa que os problemas e as tarefas do día a día de calquera de nos. E, durante unha hora, se non se cae o mundo, farannos saír do chan e volver caer para lembrarnos que, isto da vida, non é máis que un xogo.

.

6 de novembro, sábado e 7 de novembro, domingo. “Nevermore” de Chévere.

Duración: 100 minutos

20.30 e 18.30 horas

Dirección

Xron

Elenco artístico

Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar e Borja Fernández.

 

 

Esta obra, unha coprodución de Chévere e o Centro Dramático para abrir a tempada do Teatro María Guerrero, usa a memoria dunha catástrofe ecolóxica (a do Prestige) como detonante para desenvolver unha narrativa escénica sobre o presente. A idea é seguir usando procedementos documentais para crear ficcións a partir da memoria colectiva de feitos do noso pasado recente. Neste caso dispoñémonos a comprobar a posibilidade de desvelar outras verdades ou ficcións ocultas na historia da catástrofe do Prestige, para achegarse ao que está pasando coa pandemia de Covid-19. Entender o Prestige como un aviso do que estaba por vir, do inevitable de seguir habitando a catástrofe.

Tirando dos fíos que se cruzan na experiencia de rememorar a catástrofe do Prestige, traballamos sobre a existencia de zonas sacrificadas para maximizar os beneficios sobre o tráfico marítimo internacional como materialización e soporte da globalización; sobre a fin dos combustibles fósiles como metáfora da fin do capitalismo; sobre a capacidade das autoridades para elaborar ficcións que substitúan os feitos e o poder da autoorganización social para contrarrestar o falseamento da realidade; sobre as teorías da conspiración como himnos ao aos e preguntámonos o que significa implicarse como cidadáns e como artistas na construción doutras narrativas. Como nos afecta a desaparición da realidade nun mundo cada vez máis virtual e a imposibilidade de abrazarse nun escenario?

 

11 de novembro, xoves. “Desde o invisible” de La Quintana Teatro

Duración: 80 minutos

20.30 horas

Dirección

Rolando San Martín

Elenco artístico

Esther Aja, Nacho Martín e Victoria Teijeiro (intérpretes); Santiago Cortegoso (tradutor); Raúl Arias, Alberto Zuya, Germán Michelena e Josito Hernández (vídeo).

Desde lo invisible é unha colaxe de escenas que viran en torno ao mundo das persoas con diversidade. Unha embarazada que non sabe se o seu neno ten unha discapacidade, unha moza que non acepta que o martes non se vaia á piscina, outra no seu primeiro día de traballo, unha irmá que pide un futuro sen ataduras… Mozas e mozos diferentes, monitores, familias, veciños, coñecidos, descoñecidos… Todos mostrarannos a verdade dunha realidade moi afastada da maioría de nós. Risa, emoción, humanidade e poesía irán fluíndo nunha experiencia teatral que tomará ao espectador como cómplice, observador, protagonista e interlocutor dunhas vidas que merecen ser contadas. Unhas vidas que merecen ser vividas.

 

14 de novembro, domingo. “Gaia Baba” de Moving Compass

Teatro familiar. Recomendada público infantil maior de 7 anos.

Duración: 60 minutos

18.30 horas

Dirección

Moving Compass (creación colectiva)

Elenco artístico

Tomé Mouriño, Carlos Gallardo, Daniel Gómez, Mathias Rodríguez e Rafael Rey

     

O mundo, devorado polos residuos, perdeu a súa cor. Frío, gris e cuberto de desperdicios é       reinado por unha terrible catástrofe: o lixo.

Seres sen piedade impóñense como amos incontestábeis dunha terra erma.

Sen embargo, alguén queda neste falmaguento mundo. Alguén queda barrendo sen cesar a ondas de lixo que sempre retornan. Alguén queda sen dimitir dun propósito que parece inalcanzable. Alguén queda coa esperanza de que a natureza recupere os seus dereitos: a meiga Gaia Baba.

A súa aventura comeza o día que, entre o lixo, descubre aquilo que cría perdido para sempre.

 

18 de novembro, xoves. “Comando Comadres” de Matrioshka Teatro

Duración: 60 minutos

20.30 horas

Dirección

Gena Baamonde

Elenco artístico

Chelo do Rejo, Anabell Gago e Lorena Conde

A través do humor un grupo de Artivistas organizadas por Comandos ataca as múltiples manifestacións da violencia sexista e cuestiona a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual.

Os Comandos establécense como pequenos grupos de artivistas preparadas para as encomendas máis perigosas: levar a cabo incursións no territorio inimigo para poñer luz sobre a inxustiza e volver airosas da misión. Son Comandos activos de estratexias impredecibles e irreverentes que van creando unha rede de Comandos Comadres a nivel mundial centrada na importancia da igualdade de dereitos e deberes sociais entre ambos os xéneros tanto no ámbito público coma no privado, dos coidados dos ecosistemas sans e equilibrados, así coma dos afectos cos que crear lazos de sororidade e empatía, e coa que rendemos homenaxe a todas as heroínas de a diario, as señoras silenciadas, perseguidas, queimadas, torturadas, aos saberes invisibilizados e á historia oculta do noso pasado.

 

21 de novembro, domingo. “Soga & Cinsa” de Aporía Escénica

Duración: 101 minutos

18.30 horas

Dirección

Diana Mera

Elenco artístico

Nerea Brey, Sonsoles Cordón, María Costas, Raquel Oitavén, Diana Mera, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, María Roja, Nuria Sotelo e María Tasende

 

SOGA E CINSA, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos, aborda a Caza de bruxas en Europa nos séculos XV, XVI e XVII co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista.

Asistimos a unha peregrinación de sombras que procuran as luces da xustiza e do recoñecemento de máis de 60.000 vítimas condenadas á fogueira e a forca por crimes que non cometeron, o 85% delas mulleres.

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida.

 

25 de novembro, xoves. “Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva” de Olivas negras

Duración: 80 minutos

20.30 horas

Dirección

Marian Bañobre

Elenco artístico

Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez

 

 

Chegan as próximas badaladas de fin de ano. Atopámonos ante un espello no que mirarse, cuestionarse, quererse… Dúas actrices en escena, dúas mulleres nas que reflectirse a través das súas fraquezas e virtudes. Un mosaico de complicidades a través do tempo… e algún que outro conflito tamén. Unha historia de autosuperación e empoderamento feminino. Un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica – subversiva, no que o espectador terá tamén ocasión de observarse e viaxar con elas na procura duns soños tan anhelados como a última oliva que queda no prato.

 

28 de novembro, domingo. “A lúa vai encuberta” de A quinta do Cuadrante

Duración: 80 minutos

18.30 horas

Dirección

Tito Asorey

Elenco artístico

Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e Tito Asorey

 

 

En 1977 celébranse as primeiras Eleccións Xerais despois da ditadura franquista. 

Ese mesmo ano, o grupo teatral da Asociación Cultural Auriense trata de continuar cos ensaios de A lúa vai encuberta de Manuel María pero, no medio do proceso, o colectivo desfaise definitivamente e o tempo queda en suspenso ata que, corenta e catro anos despois, dúas novas compañías se unen para retomar o traballo no punto no que o deixaron co obxectivo de levar a escena a obra e descubrir as razóns da disolución. 

Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permitirá identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a súa consecuente falta de conciencia de identidade nacional galega. 

A lúa vai encuberta é unha peza arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as súas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, moitas veces silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan. 

Como di Edward Hallet, o estudo do pasado é a única maneira de poder entender o noso presente, así como só podemos entender o pasado coa luz que nos achega a nosa análise do presente. Tamén neste sentido, Marc Bloch, un dos historiadores máis importantes do século XX, sostén que “toda historia é historia contemporánea”. Así é como Incendiaria e A Quinta do Cuadrante levamos a escena o texto de Manuel María, como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes forzas sociais e políticas que nos conformaron como país, e polo tanto, como persoas que o habitamos. 

 

 

2 de decembro, xoves. “Porvenir” de ImproMadrid

Duración: 90 minutos

20.30 horas

Dirección

Ignacio López

Elenco artístico

Ignacio Soriano, Paloma Córdoba, Elena Lombao, Borja Cortés e Ignacio López

Porvenir conta a historia de catro amigos e amigas de toda a vida que, encirrados pola deusa da fortuna, se enfrontan á incómoda pregunta de como queren vivir a madurez das súas vidas. Son eles os que levan as rendas da súa existencia ou, polo contrario, simplemente se deixan levar pasivamente polos seus quefaceres cotiáns...? Porvenir non dá a solución á pregunta pero si reivindica o feito mesmo de formulala e, sobre todo, a necesidade de atopar tempo para pensar nela. Dámonos o momento para reflexionar sobre o que queremos como seres humanos e por qué o queremos? Estamos condenados a seguir o ritmo de Kronos (o deus do tempo cronolóxico)? Non é acaso a nosa responsabilidade defender e gozar de Kairós (o tempo oportuno e cualitativo)?

 

5 de decembro, domingo. “A nena que vivía nunha caixa de mistos” de Caramuxo Teatro

Teatro familiar. Recomendada público infantil maior de 3 anos.

Duración: 42 minutos

18.30 horas

Dirección

Juan Rodríguez

Elenco artístico

Laura Sarasola e Juan Rodríguez (manipulación dos monicreques)

 

 

"A nena que vivía nunha caixa de mistos" é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares que comezou con "As fabas máxicas", continuou con "Feo" (Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo. A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto "A vendedora de mistos" de Hans Chistian Ándersen. Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil. Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender  mistos a quen os necesite, no día a día coñece unha morea de personaxes e dous pequenos amigos, un vello can e un paxariño.

 

9 de decembro, xoves. “O charco de Ulises” do Centro Dramático Galego.

Recomendada maiores de 14 anos.

Duración: 60 minutos

20.30 horas

Dirección

Marián Bañobre e Santiago Cortegoso

Elenco artístico

Óscar Allo, Miguel Borines, Mónica Camaño, Rosalía Castro, Raquel Espada, Manuel Millán, Fran Paredes, Chusa Pérez de Vallejo, Inés Salvado Gontad e Paulo Serantes.

Voces en off: María Solar, Santiago Cortegoso, Baia Fernández e José Manuel González Sanmartín.

Versión libre da Odisea, traspasada a un contexto transatlántico. Do mar ao océano. De Ítaca a Galicia. De Troia a Buenos Aires. Do Mediterráneo ao Atlántico.

A trama discorre en paralelo ao clásico de Homero, xerando un diálogo co mito orixinal, para tratar o fenómeno da emigración galega cun marcado compoñente poético.

Ulises permanece errante durante dez anos viaxando de illa en illa, vivindo aventuras inesquecibles, entre suculentos banquetes e fermosas mulleres. A idea do regreso á patria non o abandona nunca, pero a súa vida non había transcender se non saíra dela.

 

12 de decembro, domingo. “Las pequeñas cosas” de La Mecánica

Recomendada para todos os públicos

Duración: 60 minutos

18.30 horas

Dirección

Pau Bachero

Elenco artístico

Aina Zanoguera, Alejandro Navarro, Borja Tous, Pau Bachero e Carme Serna

Nacido desde una perspectiva a la

Nado dende unha perspectiva a altura dos xeonllos -o punto de vista dos nenos- e dun mundo que pouco a pouco vai descubrindo, “Las Pequeñas Cosas” rapidamente transfórmase nun descarado e enérxico espectáculo para nenas, nenos e adultos, con múltiples lecturas, provocando deste xeito un diálogo interxeracional. A través dos obxetos-títeres e a danza, do teatro físico e a música, a compañía confronta a sincera e directa inxenuidade da infancia coa frecuente absurda loita dos adultos para ser grandes modelos sen perder unha aparente dignidade.

Un espectáculo zarapelo, fresco e inspirador que pregunta polo lugar que ocupa a infancia e como foi que, un día, os adultos deixamos de xogar.

 

16 de decembro, xoves. “Formigas no peto” de Ítaca Teatro

Recomendada para maiores de 16 anos

Duración: 80 minutos

20.30 horas

Dirección

José Campanari

Elenco artístico

Carlos Rebolo

 

Formigas no peto é unha proposta innovadora e de calidade que mestura o teatro de imaxes, coa narración oral e co teatro de actor.

Trátase dun espectáculo unipersoal que fala da memoria individual e colectiva de todas nós e que, por medio de varios personaxes moi recoñecibles e familiares vencellados á nosa vida cotiá, dende as avoas ata nós mesmas, vainos levando polo Bazar da Memoria do protagonista quen, dende alí mesmo, cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos, que a súa infancia... ou a nosa.

“A miña memoria é unha mestura de momentos e lugares que me habitan: pequenos anacos de historia gardados nos recunchos máis remotos da miña alma, que, de cando en vez, pasean polo meu corpo pousados no lombo das formigas que se agochan nos petos.”

 

19 de decembro, domingo. “Mulleres na memoria”

Todos os públicos

Duración: 70 minutos

21.00 horas

 

6 grupos lucenses presentan as súas composicións sobre mulleres represaliadas a través de poemarios de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco.

Grupos: Iria Estévez e Gonzalo Piña, Los Zorros, Paloma Suanzes, Olalla Caamaño, Hit the bit e Carlos Díaz.

 As mulleres son : Consuelo Alonso, “A comunista”. (Fusilada en consello de guerra)  Urania Mella, Carmen Sarille Lanceiro (Morte extraxudicial), Manuela Graña Rico (Morte extraxudicial

Virginia Meilán Varela (Morte extraxudicial), Juana Capdevielle (Morte extraxudicial

E as Guerrilleiras dos Ancares , Consuelo , Alba, Florinda e Domitila

Maite Ferreiro presenta a programación do Auditorio Municipal enmarcada no segundo semestre de 2021