Rubén Arroxo asiste á XXVIII Feira do Mel, que se celebra hoxe na praza da Soidade
A cita, organizada pola APLA e a área de Participación, contacon 15 produtores de mel de distintas zonas de Lugo
O Tenente Alcalde e a edil de Participación participaron na cata de mel que contou con representantes do consello regulador da IXP Mel de Galiza
27 set. 2021 - 13:08
Lugo, 25 de setembro de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron a XXVIII edición da Feira do Mel de Lugo, que durante o dÃa de hoxe reúne a 15 produtores de todas as zonas de Lugo na praza da Soidade.
A feira comezou hoxe ás 10 da mañá, e prolongarase durante todo o dÃa até as 20 horas. As distintas produtoras e produtores puxeron á venda distintos tipos de mel de calidade, producido nas terras de Lugo.
O Tenente Alcalde e a edil de Participación participaron da cata de meles a cargo de representantes do consello regulador da IXP Mel de Galiza, organizado dentro do programa da Feira do Mel de Lugo.