Maite Ferreiro presenta o XVII concurso de tapas de Lugo, organizado pola APEHL coa colaboración da área de turismo
O presidente da APEHL, Cheché Real, destacou na presentación “o compromiso do Concello de Lugo co sector da hostalería”
O concurso celebrarase entre o 4 e o 20 de novembro, e contará con sorteos para as persoas que degusten as distintas tapas participantes
Lugo, 26 de outubro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, a XVI edición do Concurso de Tapas de Lugo, que terá lugar entre o 4 e o 20 de novembro.
Maite Ferreiro destacou “a importancia deste concurso para a cidade e para o turismo, así como para a hostalería local”. Pola súa banda, Cheché Real destacou “o compromiso da área de Turismo co sector da hostalería na realización deste concurso“
Entre o 4 e o 20 de novembro os locais participantes ofertarán as súas tapas a todas as persoas que o desexen, que exercerán de xurado popular para escoller a tapa gañadora do concurso e as 12 finalistas. Un xurado profesional outorgará premios entre os finalistas.
As persoas que o desexen, poderán votar as distintas tapas mediante un cupón de votación individual, que deberá ir selado polos establecementos participantes. Cada tapa poderá ser puntuada cunha nota do 1 ao 5. Todos os cupóns presentados participarán no sorteo dunha estancia para dúas persoas en Hacienda Zorita, en Salamanca, para os cupóns participantes cun mínimo de 10 establecementos visitados, e unha viaxe dunha semana para dúas persoas a Budapest se o cupón está selado por un mínimo de 20 establecementos.
A edición 2022 do concurso de tapas de Lugo conta con 37 locales de hostalería participantes distribuídos por toda a cidade: 3 Pés, A Adega, Anda, Antas, Bulló Xantar, Casa D’auga, Eduri, El Boni, El Dotmas Bar, El Riba, El Santuario de Magnus, España, Galo, Gran Café, Karrusel, La Cosechera 1977, La Esquina, La Terraza del Méndez, Las Cinco Vigas, Legends Café, Manuel Manuel, Mesón el Castillo, Nadela, O Castor, O Cincuenta e Seis, O Figón, O Mercado, Paprica, Parada 33, Portal 36, Pulpería o Castelo, Prebe, Rabuda, San Marcos Café, Taberna Daniel, Toni Portela e Tosar.