O BNG impulsa iniciativas no Parlamento galego para que abra de forma completa o consultorio de Castro de Rei

Carme Aira xunto con Digna Lagarón nunha concentración polo apertura do consultorio de Castro de Rei, arquivo
Carme Aira xunto con Digna Lagarón nunha concentración polo apertura do consultorio de Castro de Rei, arquivo

A deputada Carme Aira: “débese cumprir con todos os servizos no consultorio de Castro de Rei, non se pode consentir unha falsa apertura”

O BNG sinala que a asitencia sanitaria no concello continúa a ser precaria

O BNG impulsa iniciativas no Parlamento galego para que abra de forma completa o consultorio de Castro de Rei

Castro de Rei, 26 de outubro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego trasladou ao Parlamento de Galiza da man da deputada Carme Aira o estado do consultorio da vila de Castro de Rei.

A través de diferentes iniciativas e preguntas, o BNG propón que este centro se abra con todos os servizos sanitarios como administrativos para contar co funcionamento pleno. Tras as últimas informacións, o consultorio só vai contar cun servizo de enfermaría dous días á semana, tendo ao centro nun sistema en precario e sen unha atención debida á veciñanza.

Ante isto, Carme Aira declarou “débese cumprir con todos os servizos no consultorio de Castro de Rei, non se pode consentir unha falsa apertura, si se procede á apertura debe contar polo menos cos servizos que estaban antes do peche”

Neste sentido, a deputada do BNG destacou que estes movementos por parte da Consellaría de Sanidade producíronse por mor das mobilizacións veciñais e que o BNG organizou, mais non garanten a asistencia sanitaria plena “a veciñanza ten que contar cos seus centros de referencia e co seu persoal sanitario e administrativo, non é viábel que abra baixo mínimos, debe contar coa cobertura total”

Centro de Saúde de Castro Ribeiras de Lea

O BNG tamén presentou iniciativas solicitando ao Goberno da Xunta que se cubran as prazas do centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea, ás que aínda non se procedeu á súa reposición.

O BNG impulsa iniciativas no Parlamento galego para que abra de forma completa o consultorio de Castro de Rei