CONSTA DE 4 REPRESENTACIÓNS TEATRAIS QUE SE REALIZARÁN NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE DURANTE O MES DE SETEMBRO
Maite Ferreiro presentou no día de hoxe as actividades teatrais do Ciclo Galego de Teatro Amador
As entradas terán un custo de 2€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación
Lugo, 10 de setembro de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con Tareixa Campo e Antonio Sampaio, de Achádego Teatro, as actividades teatrais que se levarán a cabo en Lugo dentro do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e na que colabora o Concello de Lugo.
As actividades consistirán en catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de todo o país, que se levarán a cabo durante o mes de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire. As entradas terán un custo de 2€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación.
As representacións serán:
- 15 de setembro: Andaravía Teatro (Vedra), adaptación con toques musicais da comedia romántica de Shakespeare.
- 22 de setembro: Tiruleque Teatro (O Carballiño), comedia con aguda crítica social na que os pobres triunfan sobre os ricos.
- 28 de setembro: Lohengrín Teatro (Vigo), contacontos musical para público familiar, unha peza interactiva para divertirse en familia.
- 29 de setembro: Achádego Teatro (Lugo), comedia que xoga cos medios de comunicación e o opinionismo instaurarado na sociedade actual.