A CONCELLEIRA DE CULTURA ANUNCIOU QUE ESTE ANO SE MODIFICARÁN OS PREGOS DAS CASETAS E DOS CALDEIROS "LICITANDO SÓ OS TRES QUE SE CUBRIRON OS ÚLTIMOS ANOS, E APROVEITANDO O NOVO ESPAZO BALEIRO PARA AMPLIAR O NÚMERO DE BARRACAS DO FEIRAL"
Maite Ferreiro preside a primeira xuntanza da Comisión de Festas de cara ao San Froilán 2025
A concelleira de Cultura anunciou que este ano se modificarán os pregos das casetas e dos caldeiros "licitando só os tres que se cubriron os últimos anos, e aproveitando o novo espazo baleiro para ampliar o número de barracas do feiral"
O Feiral abrirá entre o 26 de setembro e o 12 de outubro, mentres que as casetas poderán desenvolver a súa actividade entre o 26 de setembro e o 2 de novembro, co polbo a 15€ a ración
Maite Ferreiro: "Este ano o San Froilán repetirá como a gran festa do outono galego"
Lugo, 30 de maio de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presidiu a primeira xuntanza da Comisión de Festas, que se reuniu no día de hoxe para comezar a traballar na organización das festas do San Froilán 2025. Segundo explicou Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, "desde a área de Cultura comezamos a traballar xa nas festas do San Froilán, que un ano máis volverá encher de actividades as rúas de Lugo cun programa pensado para que todas as persoas atopen pasatempos do seu gusto".
A edil de Cultura anuncuiou que este ano só sairán a licitación tres das catro casetas que saíron a concurso nos últimos anos. Ferreiro afirmou que "levamos ano vendo só tres casetas cubertas, polo que reorganizamos os espazos garantindo que se cubran todos os postos de comida e permitindo ampliar o recinto feiral cunha atracción máis". Ademais, Maite Ferreiro anunciou as datas de apertura tanto do Recinto Feiral, que estará en funcionamento entre o 26 de setembro e o 12 de outubro, como das casetas do Polbo, que poderán desenvolver a súa actividade entre o 26 de setembro e o 2 de novembro, co polbo a 15€ a ración.
Ferreiro explicou que "distintas cuestións relacionadas coa organización das festas están xa avanzadas e abertas, como os prazos para participar na feira Gastroarte e os contratos para instalar as casetas de venta nas distintas zonas do feiral"
Ferreiro afirmou que "estamos avanzando xa nos distintos pregos das festas, como son as casetas, a colocación do recinto feiral e a producción dos escenarios, que anunciaremos nos vindeiros días". A concelleira de Cultura presentou os avances realizados á Comisión de Festas, que está composta por 8 integrantes: 3 en representación do grupo municipal Socialista, 4 do Popular e 2 do Bloque Nacionalista Galego, xunto co xefe de Servizo de Cultura, que actúa como secretario da Comisión.