Maite Ferreiro preside a xuntanza do xurado do XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole

Alex Alonso, nado en 1968 en Pontevedra, resultou gañador do certame coa obra Bulling

O xurado destacou "o carácter poliédrico da obra que evoluciona de modo axil en torno á problemática do acoso e do suicidio"

Maite Ferreiro preside a xuntanza do xurado do XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole

Lugo, 28 de marzo de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presidiu a xuntanza do xurado do XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que anualmente organiza o Concello de Lugo xunto coa colaboración de Edicións Xerais de Galiza.  Maite Ferreiro destacou este certame como "unha cita consolidada xa no calendario cultual galego, co que anualmente descubrimos novas historias de gran calidade".  A obra Bulling, de Alex Alonso, foi a escollida polo xurado nesta edición, que recibirá un premio de 4.000€ e a obra será publicada por Edicións Xerais de Galiza,

 

A xuntanza celebrouse, de xeito telemático, o xurado estivo composto por María Marco Covelo, Ánxela Gracían e María Dolores Araújo Fernández que foi a gañadora da edición do Certame de Narración do ano anterior. Actúou como segredaría a Xefa do Negociado de Cultura, Carme Fernández López. A novela premiada trata sobre diferentes aspectos de plena actualidade como as redes sociais, a homosexualidade másculina e o acoso escolar.

 

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, chamou ao gañador para felicitalo e mantivo un conversa coas integrantes do xurado. O premiado, Alex Alonso, mantén un estreita relación coa cidade de Lugo xa que residou e traballo na cidade amurallada durante anos. 

 

Integrantes do xurado:

María Marco Covelo

Doutora en Belas Artes e escritora. Colaboradora de revistas especializadas e crítica e comisaria de arte. En 2020 gañou o Premio Xerais de Novela coa obra Coidadora.

Ánxela Rodríguez Rodríguez - Ánxela Gracián

Escritoratradutoracrítica literariaanimadora cultural e editora. Licenciada en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués. Autora e tradutora de literatura infantil e xuvenil. En 2008 gañou o Premio Plácido Castro coa tradución da Illa Misteriosa de Jules Verne.

María Dolores Araújo Fernández, Nones Araújo.

Profesora de Lengua xubilada e gañadora da edición anterior do Certame de Narración Curta Ánxel Fole co relato titulado Imaxes roubadas no que reflectiu a simbiose entre o seu amor pola literatura e a pintura.

Maite Ferreiro preside a xuntanza do xurado do XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole