Maite Ferreiro promocionará este xoves en FITUR as excelencias turísticas de Lugo

Maite Ferreiro
Maite Ferreiro

A presentación do Concello de Lugo terá lugar no espazo de Galiza da Feira Internacional de Turismo

A concelleira de Turismo explicou que "continuamos a ensinarlle ao resto do mundo que é o que fai especial o sitio no que vivimos e convidalos a descubrilo con nós"

Maite Ferreiro promocionará este xoves en FITUR as excelencias turísticas de Lugo

Lugo, 17 de xaneiro de 2023. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistirá un ano máis á Feira Internacional de Turismo Fitur, onde realzará unha presentación sobre a cidade de Lugo e os seu valores turísticos. Maite Ferreiro explicou que "o obxectivo deste ano é continuar amosandolle ao resto do mundo Lugo e a gran calidade paisaxística, gastronómica e cultural da nosa cidade"


A campaña Lugo Km 100 e as festas de San Froilán serán os eixos sobre os que pivotará a promoción da cidade na edicion deste ano de FITUR. "Tratase dunha aposta para poñer en valor a cidade de Lugo e o seu patrimonio histórico e cultural" explicou Maite Ferreiro, que engadiu "as distintas áreas da Tenencia de Alcaldía traballamos para promocionar Lugo como punto de partida do Camiño Primitivo cumprindo cos 100 Km mínimos que se requiren para obter a Compostela, tamén fixemos unha festas do San Froilán a altura merecida".

A concelleira de Turismo afirmou que "os datos están xa a demostrar que esta campaña está dando os seus froitos, e Lugo estase a posicionar como un punto importante no turismo tanto polo patrimonio co que contamos como pola proximidade co resto de Galiza". "Continuaremos a traballar para facer de Lugo un destino referencial no turismo de calidade e proximidade", afirmou Ferreiro.  A presentación de Fitur contará tamén coa presenza da alcaldesa de Lugo, que presentará iniciativas para a mellora de Lugo.

Maite Ferreiro promocionará este xoves en FITUR as excelencias turísticas de Lugo