A COMISIÓN DE FESTAS REUNIRASE O VINDEIRO MARTES 25 PARA COMEZAR A TRABALLAR NESTA EDICIÓN DO SAN FROILÁN

Maite Ferreiro: "A Xunta inviste máis de 2 millóns de euros no Son do Camiño 2024, agardamos que o investimento no San Froilán sexa máis que o do ano pasado"

A colaboración institucional da Xunta de Galiza no San Froilán é o 0.86% do orzamento investido no macrofestival

Maite Ferreiro explicou que "o nomeamento do novo delegado territorial de Cultura chega tarde, mais agardamos que teña tempo para facer os deberes durante o verán e dar unha colaboración de altura ao San Froilán"

A Comisión de festas reunirase o vindeiro martes 25 para comezar a traballar nesta edición do San Froilán

Maite Ferreiro: "A Xunta inviste máis de 2 millóns de euros no Son do Camiño 2024, agardamos que o investimento no San Froilán sexa máis que o do ano pasado"




Lugo, 20 de xuño de 2024.  A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, criticou que a Xunta de Galiza invista "máis de dous millóns de euros nun macrofestival e deixe sen cartos á gran festa do outono galego". Ferreiro afirmou que "ano tras ano reclamamos á Xunta maior investimento no San Froilán e sempre nos atopamos con excusas de mal pagador, agardamos que o goberno galego rectifique este ano e de un apoio institucional á altura do San Froilán".

A concelleira de Cultura afirmou que "desde o Goberno de Lugo traballamos xa nun San Froilán pensado para que toda a veciñanza de Lugo atope actividades de calidade ás que poder asistir", e engadiu "recentemente vense de nomear un novo delegado territorial de Cultura, malia que este nomeamento chega tarde, agardamos que teña tempo a facer os deberes durante o verán e conseguir que a Xunta colabore ao nivel que o San Froilán merece".

Maite Ferreiro criticou que "o Goberno Galego gaste millóns de euros en macrofestivais e deixe ás grandes festas de Lugo cunha colaboración ínfima". Segundo os datos publicados pola plataforma de contratación da Xunta de Galiza, o patrocinio publicitario dado pola Axencia de Turismo de Galiza á empresa Old Navy y Esmerarte UTE para a organización do festival O Son do Camiño 2024 ascende a 2.904.000€, mediante un contrato formalizado o pasado 1 de abril. O convenio asinado para o San Froilán 2023 inclúe unha participación de 25.000€, "só un 0,86% do orzamento do Son do Camiño é o que se destina ao San Froilán"

A edil de Cultura anunciou que a Comisión de Festas se reunirá o vindeiro martes 25, onde a edil de Cultura presentará os avances realizados na organización das festas aos grupos políticos e escoitar as distintas propostas que trasladen de cara á nova edición do San Froilán.

Maite Ferreiro: "A Xunta inviste máis de 2 millóns de euros no Son do Camiño 2024, agardamos que o investimento no San Froilán sexa máis que o do ano pasado"