Marta Portero será a candidata do BNG á alcaldía do Páramo
Foi elixida por unanimidade pola asemblea local
A candidata nacionalista declarou “O Páramo precisa do BNG para que poidamos avanzar, con confianza e esperanza de contribuír á mellora da calidade de vida da veciñanza”
O Páramo, 18 de abril de 2023. A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego no Páramo decidiu quen será a persoa que encabezará candidatura nacionalsita nas vindeiras eleccións municipais.
Marta Portero Penela é a persoa elixida por unanimidade. Veciña de Piñeiro.
Marta Portero declarou “O Páramo precisa do BNG para que poidamos avanzar, con confianza de contribuír á mellora da calidade de vida da veciñanza e impulsar a actividade económica ligada aos nosos sectores produtivos”
Do mesmo modo, a candidata do BNG á alcaldía do Páramo destacou “temos plena confianza no Páramo, somos un concello que pode dar moito máis e no BNG temos a enerxía necesaria para impulsar un novo concello, un Páramo cheo de ilusión e esperanza cun goberno municipal que teña como eixo o rigor, a coherencia, a boa xestión e a transparencia, os que garanten á veciñanza máis dereitos e máis servizos públicos de calidade