O mercado municipal contará con futbolíns de xeito gratuíto durante toda a semana
Cristina López: “trátase da antesala ao campionato Maestros del Norte qeu terá lugar no soto esta fin de semana”
Maestros del Norte é un dos torneos de futbolín máis importantes a nivel estatal, que busca repetir o éxito do celebrado no verán
Lugo, 13 de febreiro de 2023. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou que o mercado municipal acollerá futbolíns para xogar de xeito gratuíto durante toda a semana. A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que "con esta cita continuamos a aumentar a oferta de actividades na Praza e do Mercado, achegando unha nova oferta de ocio".
Cristina López afirmou que esta cita é “a antesala ao torneo Maestros del Norte, que terá lugar nesta fin de semana no soto da Praza de Abastos”, e engadiu “durante o mes de agosto, acollemos outra edición do torneo, que contou con máis de 400 participantes de todo o estado, e esta fin de semana buscamos repetir o éxito da cita do verán”.
O Torneo Maestros del Norte, organizado pola Asociación Lucense de Futbolín, asentouse como un dos torneos máis importantes a nivel estatal, que se celebrará en Lugo por segunda vez consecutiva.