O MIHL acollerá a exposición “Combate mural: muller, igualdade e empoderamento”
Inaugurarase este xoves 10 de decembro ás 19 horas.
Unha exposición baseada no traballo do Culturban, festival de arte urbana que se desenvolveu na cidade
Lugo, 09 de decembro de 2020. A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua organiza no MIHL inaugura este xoves ás 19 horas unha exposición baseada na arte urbana baseada no festival Culturban.
Esta exposición contará cos traballos murais que se elaboraron ao aire libre e que contou como taller de traballo, como lenzo e como galería a cidade de Lugo.
O resultado foi a transformación de varias fachadas e lugares da cidade que fixeron “un Lugo máis vangardista, participativo e amable” declarou Felipe Rivas, edil de Educación e Difusión do coñecemento.
A exposición estará aberta ao público desde o 10 de decembro até o 11 de febreiro, no que tamén se realizará un obradoiro de arte urbano para nenos e nenas que se realizará no propio MIHL.