Suprímese a mediana en Ángelo Colocci para facilitar a accesibilidade veciñal
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron a obra “esta intervención suporá para o barrio unha mellora na accesibilidade e a seguridade”
A área de infraestruturas e mobilidade recolleu esta demanda por parte da veciñanza a cal xa foi aprobada
Lugo, 10 de decembro de 2020. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e o edil de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, visitaron hoxe á veciñanza do barrio para anunciar a supresión dun tramo da mediana na Rúa Ángelo Colocci, que era unha demanda da veciñanza para unha mellor accesibilidade aos edificios.
Esta demanda veciñal, que foi achegada ao goberno municipal, dende a Tenencia de Alcaldía estase a executar tal como se solicitou. A intervención foi trasladada coa fin da súa aprobación na comisión de tráfico para a súa execución, cun importe de 12.303,59€.
O edil Alexandre Penas declarou “esta intervención suporá para o barrio da Piringalla unha mellora na accesibilidade e a seguridade, así seguimos no camiño de facer un Lugo amábel coas persoas, no que se aforrará tempo e gañarase comodidade”
Esta intervención consta da supresión dunha zona central e a xeración de estacionamentos a carón da mediana tras a supresión dun dos carrís de circulación (carril esquerdo en cada sentido de circulación, no tramo da Rúa Ángelo Colocci comprendido entre Rúa Labandeira e Avenida da Coruña).