Mónica Roca “Estou convencida que o BNG será o impulso que necesita Guitiriz para avanzar”
O BNG presentou as persoas que conforman a candidatura para as vindeiras eleccións municipais
Contou coas intervencións da candidata do BNG á alcaldía de Guitiriz , Mónica Roca, o número 2 da candidatura do BNG, Afonso Losada e a deputada no Parlamento galego, Olalla Rodil.
O Bloque Nacionalista Galego en Guitiriz deu a coñecer a súa candidatura nun acto público na Casa Habaneira de Guitiriz, o que contou coas intervencións da candidata do BNG á alcaldía de Guitiriz, Mónica Roca Ares, o número dous da candidatura, Afonso Losada e a deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil.
Mónica Roca deu conta das 16 persoas que integran a candidatura nacionalista, no que subliñou “esta equipa de persoas non lle colle no corpo a ilusión, o talento e a capacidade para desenvolver un proxecto emocionante para Guitiriz, e estou convencida que o BNG será o impulso que necesita Guitiriz para avanzar” e recalcou “este 28 de maio saímos a por todas para producir un xiro en positivo que a veciñanza merece”
De igual modo, a candidata nacionalista destacou “contamos cun proxecto ambicioso pero asentado baixo un eixo fundamental para o BNG, as persoas, por isto, sempre temos en conta que para xerar máis dinamismo e futuro, é preciso garantir uns servizos públicos de calidade e ampliar o benestar da veciñanza, este é o camiño que queremos percorrer e esta será a base do seguinte goberno municipal liderado polo BNG”
Ademais, Mónica Roca salientou que a candidatura do BNG “é a única alternativa política rigorosa e capaz de desenvolver un traballo positivo para Guitiriz, con propostas e solucións que farán sentir á veciñanza máis orgullo ser de Guitiriz”, concluíu.
Candidatura do BNG en Guitiriz:
1.- Mónica Roca Ares
2.- Afonso Losada Rodríguez
3.- José Luís González Souto
4.- Luís Víctor Corbelle Sanromán
5.- Andrea García Miragaya
6.- María Pérez Ferreiro
7.- Jesús Javier Varela Quintas
8.- Noemí Romero Costa
9.- Josefa Paz Castro
10.- Roberto Antón Sanmariña Amenedo
11.- Ana Rosende Fernández
12.- Xurxo López Calvo
13.- Andrés Antón Pérez García
Suplentes
María Beatriz Ferreiro Tallón
Sabela Valiño Sánchez
Manuel Xesús Figueira Mancebo