"O BNG APOSTA POLA CULTURA PROPIA COMO ELEMENTO DINAMIZADOR DO NOSO RURAL" MONTSE VALCÁRCEL
Montse Valcárcel pon en valor o traballo das asociacións culturais na visita á I Romaría tradicional de Cortevella (Baleira)
"O BNG aposta pola cultura propia como elemento dinamizador do noso rural" Montse Valcárcel
Baleira, 24 de maio de 2025 .- A deputada no Parlamento Galego, Montse Valcárcel, acompañada do concelleiro en Baleira, Tino Díaz e militantes da comarca da montaña acompañaron á veciñanza de Baleira que se acercou á I Romaría tradicional da Cortevella en Baleira.
Esta Romaría esta organizada por Toxo Queimado que leva dende o 2019 fomentando a o baile e a música tradicional no concello de Baleira , "temos que por en valor os recursos que temos na música e no baile"explica a deputada nacionalista, "temos que facer que dende os concellos se defenda e potencia, con propostas como esta, a nosa lingua e cultura" expón Montse Valcárcel.
Estamos nunha área recreativa que dende o concello de Baleira debían poñer máis en valor, tivo que vir unha asociación facer unha festa aquí para que a arranxaran e lle lavaran a cara, aínda así "a desaparición do ultimo banzado da área provoca unha corrente que vai ir destruíndo a beira do ría pouco a pouco" afirmou Tino Díaz