O VOCEIRO DO BNG-AA PEDIU UN PLAN DE PREVENCIÓN DE ATROPELOS NA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA OS ACCIDENTES DE TRÁFICO

Na cidade houbo máis de 30 atropelos ata outubro e non se toman medidas para evitalos

IMG_2159

O BNG-AA pide iluminación específica para os pasos de peóns e propón un plan semanal de control de pasos e peóns para sensibilizar a transeúntes e condutores

Na cidade houbo máis de 30 atropelos ata outubro e non se toman medidas para evitalos

Lugo, 20 de novembro de 2017. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, sinalou que, no que vai de ano e a falta de cifras oficiais, “na cidade houbo máis de 30 atropelos ata o mes de outubro, un deles con resultado de morte, e non se toman medidas para evitalos”. Na semana na que se celebra o día internacional contra os accidentes de tráfico, o voceiro do BNG-AA incidiu na necesidade de poñer en marcha un plan “efectivo” para reducir a cifra e atropelos nas rúas urbanas de Lugo. Arroxo apuntou que “en moitos dos casos se repiten constantes como persoas de idade avanzada e atropelos nos propios pasos de peóns”. O 26 de outubro de 2005 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas resolveu recoñecer o terceiro domingo de novembro de cada ano como Día Mundial das vítimas dos accidentes de tráfico.

Arroxo lembrou que segundo os datos recollidos no informe emitido pola Policía Local o número do atropelos no ano 2011 foi de 56 dos cales 27 foron no pasos de peóns, no ano 2012 foi de 50 dos cales 24 foron no pasos de peóns, no ano 2013 foi de 58 dos cales 41 foron no pasos de peóns, no ano 2014 foi de 61 dos cales 42 foron no pasos de peóns, no ano 2015 foi de 57 dos cales 31 foron no pasos de peóns, no ano 2016 foi de 61 dos cales 24 foron nos pasos de peóns. No informe da Policía Local solamente se reflicten dous atropelos mortais, ámbolos dous en pasos de peóns, nos anos 2012 e 2016.

O BNG-AA xa propuxo en xaneiro un plan semanal de control de pasos e peóns para sensibilizar a transeúntes e condutores “este tipo de iniciativas xa se ten experimentado noutros concellos do estado e debe ter como obxectivo a información e non a sanción” dixo Rubén Arroxo. Os nacionalistas solicitaron que se poña en marcha este plan de cara aos meses con menos horas de luz que é cando existe un maior perigo nas rúas. Para a execución deste plan de control semanal de pasos de peóns o goberno municipal deberá poñer en marcha un operativo, contando coa policía local e a axencia de mobilidade, no que se seleccionen dez pasos de peóns conflitivos cada semana e establecer os controis informativos pola mañá e pola tarde.

“Neste plan de control debe de facilitarse toda a información a condutores e viandantes, anunciando os pasos de peóns que se controlarán cada día” dixo Rubén Arroxo e sinalou que “o plan deber servir, ademais, para obter información sobre as actitudes de condutores e peóns e analizar así cales deben ser os obxectivos a curto e medio prazo para rematar coa praga de atropelos que sufre Lugo”. “Sabemos que esta medida non é a panacea para rematar cos accidentes e atropelos no concello de Lugo, pero é un xeito de empezar a traballar” afirmou Arroxo.

Para o programa de control de pasos de peóns non é preciso contar con moitos medios humanos xa que en cada turno se controlaría unicamente un paso de peóns “o importante é que en Lugo se perciba que se está a facer algo para evitar ese medio cento de atropelos anuais que se veñen dando de media” concluíu Arroxo e lembrou que en Lugo houbo 343 atropelos dende o 2011ata finais de 2016 e, destes atropelos, 189 foron en pasos de peóns o que supón máis da metade.

Iluminación específica para os pasos de peóns

O BNG – AA pediu ademais que se inclúa nos orzamentos do vindeiro ano unha partida económica para instalar iluminación específica nos pasos de peóns da cidade. Nas épocas con menos horas de luz a visibilidade redúcese de xeito drástico e esto implica un maior perigo para as persoas que achegan aos pasos de cebra e, en moitas casos, non son vistas polos condutores e condutoras. Ademais da iluminación pública deberíanse instalar puntos de luz que incremente a visibilidade sobre os pasos de peóns para mellorar a seguridade.

Na cidade houbo máis de 30 atropelos ata outubro e non se toman medidas para evitalos