A INSTALACIÓN DESTE ASCENSOR PANORÁMICO CONTA CUN ORZAMENTO DE 257.000 EUROS E AS OBRAS FORON INICIADAS NO PASADO MANDATO
Nesta semana colocarase a estrutura metálica para o ascensor do Sagrado Corazón
Rubén Arroxo visitou as obras para comprobar o seu avance e lembrou “este proxecto foi anunciado en numerosas ocasións pero agora é unha realidade”
Lugo, 9 de xullo de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou as obras do ascensor do Sagrado Corazón e anunciou a inmediata colocación da estrutura metálica que soportará a maquinaria. Con esta actuación as obras avanzarán ao ritmo axeitado para que despois do verán se poida poñer en marcha este ascensor tan demandado por veciñas e veciños do barrio do Sagrado Corazón. Arroxo, que estivo acompañado do edil responsable de infraestruturas, Alexandre Penas, asegurou que se vai facer un seguimento continúo da execución das obras para que se materialice este proxecto que se ven anunciando dende fai máis de 10 anos e que foi demandado polo BNG en diversas ocasións.
O ascensor terá formato panorámico posibilitando as vistas dende o interior O sistema de embarque será pola porta sur e desembarque pola norte nas paradas segunda e terceira, a nivel da praza da igrexa e a carón do colexio. A comunicación entre ambos os dous desembarcos superiores do torreón realizaranse a través de sendas paralelas; unha primeira chegando á Praza, salvando un vano de 5 metros, e outra que salva unha distancia de 16 metros, mediante a construción dunha viga-ponte con estrutura metálica.
Utilizaranse materias para que a instalación do ascensor encaixa estéticamente co entorno no que se sitúa. Na planta baixa prodúcese o acceso ao torreón do ascensor. Haberá tamén un sendeiro peonil adaptado e aproveitarase para realizar unha limitación efectiva do aparcamento de vehículos nunha área de saída de alumnos do colexio. Tamén se constrúe un tramo de muro e unha escaleira co obxecto de salvar o desnivel que se vai producir na área situada á esquerda da saída do centro educativo.