O BNG PRESENTOU O CARTEL DE CAMPAÑA CUNHA PEGADA NAS BICICLETAS COAS QUE PERCORRERÁ A CIDADE DURANTE A CAMPAÑA ATA O 26 DE MAIO

“Non me presento para competir contra ninguén, imos pola alcaldía" dixo Rubén Arroxo

IMG_0210

O candidato do BNG “a campaña do BNG vai ser para presentar propostas para a cidade non para andar en liortas absurdas”

“Non me presento para competir contra ninguén, imos pola alcaldía" dixo Rubén Arroxo

Lugo, 9 de maio 2019. O BNG presentou o cartaz co que pedirá o voto durante a campaña electoral de cara ao 26 de maio. Nun acto con simpatizantes e militantes, Rubén Arroxo colocou o cartaz sobre unha das bicicletas preparadas para utilizar durante a campaña electoral “voltaremos sacar as bicis á rúa por que son o símbolo do noso modelo de cidade, faremos un Lugo amable e pensado para as persoas”.

“Non me presento para competir contra ninguén, imos pola alcaldía, para que Lugo gañe e esa será a grande vitoria colectiva” dixo Rubén Arroxo e explicou “a xente está farta de que se insulte a súa intelixencia, de mensaxes baleiros, e das liortas entre os que compiten pola poltrona, o BNG está para servir ás veciñas e veciños e así o demostramos onde gobernamos como Ribadeo, Muras, A Pobra do Brollóns, Allariz ou Pontevedra”.

Arroxo sinalou “somos a única opción política que presentamos un proxecto claro para Lugo e un programa que foi moi ben acollida na cidade,  por que é Lugo o que se reflexa nas propostase no programa do BNG”. O candidato do BNG á alcaldía engadiu “temos un equipo que pode poñerse a gobernar mañá mesmo, e todas as persoas que lle queren a Lugo deben valorar ao BNG como a opción certeira para dirixir o concello a partir do 26 de maio”.

“Non me presento para competir contra ninguén, imos pola alcaldía" dixo Rubén Arroxo