O BNG PRESENTOU O CARTEL DE CAMPAÑA CUNHA PEGADA NAS BICICLETAS COAS QUE PERCORRERÁ A CIDADE DURANTE A CAMPAÑA ATA O 26 DE MAIO

O BNG adianta “dende a alcaldía impulsaremos a declaración de ARRU da Milagrosa”

IMG_0285

“A Área de Rexeneración e Renovación Urbana é a solución para recuperar o barrio da Milagrosa, nos témolo claro” dixo Rubén Arroxo

O BNG adianta “dende a alcaldía impulsaremos a declaración de ARRU da Milagrosa”

Lugo, 10 de maio 2019. O BNG celebrou o primeiro acto de campaña no barrio da Milagrosa. No acto interviron o candidato á alcaldía Rubén Arroxo e a concelleira Maite Ferreiro. “Traballaremos, dende a alcaldía para que a Milagrosa opte a ser declarada ARRU (Area de Rexeneración e Renovación Urbana)” adiantou Rubén Arroxo e explicou que “este tipo de proxectos teñen dado un grande resultado naqueles barrios que se aplicaron, cunha mellora importantísima da zona”.

“A declaración de ARRU implicaría posibles axudas para a rehabilitación de 429 edificios e 1314 vivendas, a maiores dunha importante intervención no espazo público” sinalou Arroxo. Estas actuacións permitirían unha considerable mellora do barrio, facéndoo moito máis agradable e habitable.

Ademais, o candidato do BNG reiterou a súa proposta para que se complete a 2ª ronda, “a cal leva 50 anos no planeamento urbanístico pero sen executarse” xa que  “isto permitirá unir o barrio coa ronda do Carme de forma directa, desbloqueando os tapóns urbanísticos que aínda existen, dando así saída e fluidez ao tráfico por esta vía”. Outra das propostas do BNG é a creación de aparcadoiros. “O BNG levamos a pleno a proposta da creación dunha rede de aparcadoiros públicos e gratuítos na cidade” afirmou o actual voceiro do BNG no concello de Lugo e finalizou “agora mesmo vanse abrir 7, pero consideramos que no propio barrio da Milagrosa é preciso un”.

O BNG adianta “dende a alcaldía impulsaremos a declaración de ARRU da Milagrosa”