O VOCEIRO DO BNG-AA, RUBÉN ARROXO, VEN DE RECIBIR UNHA COMUNICACIÓN CON PROPOSTA DE SANCIÓN POR INSTALAR SIMBOLICAMENTE UN LETREIRO NO ENTORNO DAS SAAMASAS

“Que se nos denuncie por pedir a zona pública de baño demostra que hai intereses para que non se faga” dixo Arroxo

IMG_5790r

O inicio do expediente foi motivado pola denuncia de un particular despois de que se colocara un cartel anunciando o proxecto presento polo BNG a autorizado pola CHMS

“Que se nos denuncie por pedir a zona pública de baño demostra que hai intereses para que non se faga” dixo Arroxo

Lugo, 8 de xaneiro 2018. O vociero do BNG - AA, Rubén Arroxo, informou de que ven de recibir unha comunicación da Confederación Hidrográfica na que se da conta da apertura dun expediente sancionador, como consecuencia da denuncia dun particular o día 18/08/2017, pola “ocupación, sen autorización ou concesión administrativa previa de este Organismo de cuenca, do cauce do río Miño mediante un cartel informativo de obras, na zona de As Saamasas”. “Que se nos denuncie por pedir a zona pública de baño demostra que hai intereses para que non se faga” dixo Arroxo e anunciou que presentará alegacións.

Arroxo explicou que o día  28 de xullo o BNG realizou un acto simbólico colocando un pequeno letreiro (tamaño A-3) “simulando un letreiro de obra” para denunciar publicamente a falta de implicación da Deputación de Lugo. No expediente sancionador aberto pola Confederación Hidrográfica xa se explica que “dos datos e informes obrantes no expediente non resulta a existencia de danos ao dominios público hidráulico” que é o feito no que se basea a apertura do expediente pola denuncia feita por un particular.

Naquel momento o BNG-AA instalou un “letreiro de obra” nas Saamasas no lugar onde se tramitaran os permisos pertinentes da Confederación Hidrográfica Miño Sil e da Consellería de Medio Ambiente para a creación dunha zona pública de baño. Neste letreiro apuntábase información sobre o acceso ao río anunciando que o prazo de execución de obra será en canto a Deputación de Lugo o permita. O concelleiro nacionalista criticaba que o PSOE estivera tan empeñado en evitar que a veciñanza de Lugo teña unha zona pública no río onde bañarse, e que despois de 8 anos sen facer nada, e cunha proposta do BNG aprobada en pleno, agora siga boicoteando unha proposta do propio grupo nacionalista. O voceiro do BNG lembrou que o goberno provincial do PSOE non atendera as demandas do grupo que representa “o presidente da Deputación nin tan se queira aceptou recibirnos para falar do tema, tal e como lle pedimos”

Enlace nova relacionada: http://lugocentro.bng.gal/articulo/novas/bng-instala-letreiro-obra-no-lugar-onde-conta-instalar-acceso-ao-rio/20170728170252006119.html

“Que se nos denuncie por pedir a zona pública de baño demostra que hai intereses para que non se faga” dixo Arroxo