Remata a primeira edición da iniciativa Enredando co Galego, organizada pola área de Cultura e a AELG

Rubén Arroxo: “queremos promover o uso do galego entre a mocidade, así como a creación literaria e artística a través da lingua”

 

As estudantes participantes dos IES Muralla Romana e Leiras Pulpeiro participaron na gala final, que contou coa actuación musical de Verto

Remata a primeira edición da iniciativa Enredando co Galego, organizada pola área de Cultura e a AELG

Lugo, 10 de xuño de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, participou xunto co concelleiro de Educación, Felipe Rivas, na gala final da primeira edición da iniciativa EnRedando co Galego, que se levou a cabo durante os meses de abril e maio e contou coa participación de estudantes dos IES Muralla Romana e Leiras Pulpeiro. Arroxo explicou que “con esta iniciativa queremos promover o uso do galego entre a mocidade, e promover a creación literaria e artística a través da lingua”.

As rapazas e rapaces participantes puideron desfrutar dunha xornada festiva presentada por Lois Pérez, e que contou coa actuación musical de Verto, un proxecto musical en galego que está a ter unha gran aceptación entre a mocidade galega.

Na gala celebrada hoxe, a mocidade participante ralizou un intercambio de experiencias, e recibiron un agasallo pola súa participación, ademais de participar no sorteo de agasallos de material electrónico e lotes de libros.

Durante 21 días, as estudantes participantes puideron escoller dúas experiencias distintas: unha inmersión lingüística, compartindo nas redes sociais as súas reflexións sobre o proceso ou unha experiencia de creación literaria e artística, na que crearon obras literarias en galego en formato escrito e dixital, que foron enviadas á Escola de Escritoras e Escritores da AELG.

Remata a primeira edición da iniciativa Enredando co Galego, organizada pola área de Cultura e a AELG