Olalla Rodil “Galiza atópase nos plans das grandes multinacionais para espoliar a nosa riqueza”
O Bloque organizou un acto dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación sobre o modelo enerxético que se está impor en Galiza
Contou coa participación da deputada Olalla Rodil e o presidente de ADEGA, Roi Cuba
Lugo, 10 de xuño de 2021.- O Bloque Nacionalista Galego organizou un acto na Praza da Soidade de Lugo en defensa dos intereses produtivos enerxéticos de Galiza, dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega. Contou coa ponencia da viceportavoz do BNG e deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, e o presidente de ADEGA, Roi Cuba.
O Bloque transmitiu a súa proposta de aplicar un novo plan sectorial eólico avogando pola ordenación e protección do territorio, no que os beneficios da produción repercutan na sociedade, a través da creación dunha empresa pública galega de enerxía e unha tarifa eléctrica galega que abarate a factura da luz das galegas e os galegos.
Olalla Rodil sinalou neste acto que o boom eólico que se esta a producir en Galiza reponde aos “plans das grandes multinacionais para espoliar a nosa riqueza, desde Abadín até Pedrafita existen proxectos que afectan a milleiros de persoas” ao que subliñou a afinidade do Partido Popular co empresariado deste sector “mentras Feijóo abraza aos lobby's eléctricos ou a ex-conselleira Beatriz Mato está na dirección de Greenalia, as galegas e galegos sofremos a factura da luz máis cara do Estado sendo produtoras” dixo Rodil.
Nesta liña, a nacionalista destacou que “este boom tiguido de falso verde quere saquear Galiza, desde o BNG propomos desenvolver un modelo sustentábel, xusto coa sociedade, aplicando medidas como unha tarifa galega que abarate a factura, que o rural sexa compensado polo impacto destas instalacións como merece e non se determine a súa expulsión do territorio e que se vinculen os puntos de produción con proxectos industriais”