A nova Praza da Mosqueira acollerá un dos escenarios principais do San Froilán
Maite Ferreiro: “aproveitaremos este novo espazo humanizado para acoller actividades na gran festa do outono galego”
Lugo, 06 de xuño de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que a nova praza da Mosqueira acollerá este ano un dos escenarios do San Froilán, “consolidando esta zona como un dos puntos máis importantes da programación cultural da cidade", afirmou.
Nos últimos anos, a contorna da Muralla converteuse nun dos centros da programación cultural, acollendo distintas actividades como concertos ou mostras de danza. "De cara a este San Froilán, a Mosqueira acollerá un dos escenarios das festas,
"Desde a área de Cultura e o resto de áreas do Goberno de Lugo traballamos para que a Muralla de Lugo sexa un referente de Lugo por todo o mundo", afirmou Maite Ferreiro, que engadiu "a Muralla é o principal atractivo turístico da cidade e unha das imaxes máis representativas da cidade".
Maite Ferreiro afirmou que "desde a área de Cultura comezamos a traballar xa na edición 2022 do San Froilán, que se parecerá máis ao San Froilán 2019 que ás edicións dos últimos dous anos, marcadas polas distintas restriccións da pandemia".
2 anexos
ResponderReenviar |