ESTARÁN CUBERTOS POR ESTE CONTRATO 39 ASCENSORES, 33 PORTAS AUTOMÁTICAS E 22 PORTAS MOTORIZADAS

O novo contrato de mantemento de ascensores para os edificios municipais aforraralle ao concello máis de 110.000€ anuais

Ademais do aforro en custos de reparación, o mantemento preventivo permitirá reducir o consumo enerxético e a magnitude das reparacións

O novo contrato de mantemento de ascensores para os edificios municipais aforraralle ao concello máis de 110.000€ anuais

Lugo, 08 de novembro de 2019. O concelleiro de Infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, anunciou que, dende o pasado 1 de novembro, entrou en vigor o novo contrato de mantemento de portas automáticas e ascensores nos edificios públicos municipais. Con este novo contrato, as 22 porta motorizadas, 33 portas automáticas e 39 ascensores dos edificios públicos municipais terán cubertas as tarefas precisas de mantemento e conservación. Alexandre Penas agradeceu ao persoal municipal “o traballo realizado para gañar calidade nos servizos e aforrar cartos a todas as veciñas e veciños”.

No caso das portas automáticas e motorizadas, na maioría dos casos non se estaba a levar un mantemento preventivo axeitado, realizándose só reparacións. A falta de mantemento repercutía nun maior consumo enerxético, ademais de aumentar o número de avarías e a súa magnitude, o que producía que até o de agora víñanse gastando nestas reparaciónsmáis de 36.000€ anuais. O novo contrato adxudicouse por 15.692,49€ anuais, o que supón un aforro de máis de 20.000 €. Ademais, o aforro será maior porque o mantemento preventivo periódico producirá unha menor frecuencia de avarías e un menor consumo enerxético.

O mantemento dos 39 ascensores, até o de agora, era realizado pola empresa que levou a cabo a súa instalación, cos prezos que se pactaran nese momento. Isto facía que o custo de mantemento anual ascendese a 118.558€ anuais. O novo contrato de mantemento adxudicouse por 24.797,40 € anuais, aforrándose así 93.000€.

O novo contrato de mantemento de ascensores para os edificios municipais aforraralle ao concello máis de 110.000€ anuais