ARROXO ANUNCIOU, NO PRIMEIRO DE GOBERNO, “IMOS TENTAR DAR UNHA SOLUCIÓN RÁPIDA A ESTAS OBRAS QUE LEVAN TEMPO PARALIZADAS”

“As obras na rúa Frai Plácido Rei Lemos comenzarán en menos de sete días” anunciou Rubén Arroxo

IMG_2086
Maite Ferreiro trasladou os parabéns do Goberno Municipal a Margarida Carvalho-Calero polo recente recoñecemento do seu pai como persoeiro homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas
“As obras na rúa Frai Plácido Rei Lemos comenzarán en menos de sete días” anunciou Rubén Arroxo

Lugo, 2 de xullo de 2019. Rubén Arroxo anunciou o inmediato inicio das obras na rúa Plácido Rei Lemos e explicou que “estas obras puxéronse en marcha cando, durante o San Froilán do 2018, houbo que facelas con urxencia por que afectaba ás casetas do polbo e aos negocios e vivendas da zona. “Unha multitude de montóns de terra e barandas de plástico ocupan a beirarúa desta rúa próxima ao Parque de Rosalía de Castro” apuntou o Tenente de Alcaldea e explicou que “cando en outubro de 2018 se producira o rebentón solucionouse con un by-pass para asegurar o subministro de auga naquel momento e a día de hoxe as obras continúuaban sen rematar”.

 

 “Imos tentar dar unha solución rápida e dende o primeiro día puxémonos a traballar para evitar as importantes molestias para as persoas que transitan pola zona e mellorar a imaxe da zona” afirmou Arroxo que estivo acompañado do edil responsable de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas. Ámbolos dous concelleiros agradeceron, no primeiro día de goberno, as facilidades e colaboración do persoal de infraestruturas “á hora de axilizar e dar prioridade a un asunto que moitas persoas levaban reclamando dende fai case un ano”.

 

As concelleiras e concelleiros do BNG incorporánronse hoxe ás tarefas de goberno no concello de Lugo. Despois de que se asinase o Decreto de adscrición de competencias de goberno, os cinco ediles electos do BNG asumiron as responsabilidades correspondentes no goberno municipal. Rubén Arroxo lembrou o seu compromiso coas veciñas e veciños de Lugo que o pasado 26 de maio elixiron un goberno de cambio e progreso para a cidade de Lugo.

 

Os concelleiros e concelleiras do BNG que, hoxe mesmo, comenzan a formar parte do goberno municipal son: Felipe Rivas, o concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Alexandre Penas, edil de infraestruturas, Maite Ferreiro, responsable de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, e Rubén Arroxo, Tenente de Alcalde e responsable da Área de Infraestruturas e Mobilidade.

 

Felicitación á filla de Carvalho-Calero

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, aproveitou a súa incorporación ás responsabilidades desta Área para trasladar os parabéns do Goberno Municipal a Margarida Carvalho-Calero polo recente recoñecemento do seu pai como persoeiro homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua sinalou a circunstancia de que a filla de Carvalho-Calero é veciña da cidade de Lugo e supón unha honra, tamén para o noso concello, o recoñecemento outorgado pola Real Academia Galega a Ricardo Carvalho Calero.

“As obras na rúa Frai Plácido Rei Lemos comenzarán en menos de sete días” anunciou Rubén Arroxo