" QUERO POÑER EN VALOR O IMPORTANTE LABOR QUE REALIZAN DENDE HAI 30 ANOS NA CIDADE DE LUGO E NA COMARCA ATENDENDO PERSOAS CON ENFERMIDADES MENTAIS GRAVES" OLALLA RODIL

Olalla Rodil e Alex Penas visitan as instalacións de Alume en Lugo

Quero poñer en valor o importante labor que realizan dende hai 30 anos na cidade de Lugo e na comarca atendendo persoas con enfermidades mentais graves" Olalla Rodil

 

Olalla Rodil e Alex Penas visitan as instalacións de Alume en Lugo


 


 

Lugo, 15 de maio de 2025 ._ A parlamentaria do BNG Olalla Rodil realizou unha visita ás instalacións de Alume en Lugo acompañada por Alex Penas, concelleiro do BNG en Lugo. Estiveron acompañados por membros da directiva e traballadores de dita asociación para coñecer de primeira man o traballo que realizan no ámbito da saúde mental.

Despois desta visita Olalla Rodil quere "en primeiro lugar poñer en valor o importante labor que realizan desde hai 30 anos na cidade de Lugo e na comarca atendendo persoas con enfermidades mentais graves" . Alume desenvolve programas punteiros e pioneiros que dan apoio a persoas en situación de exclusión social.

Para o BNG a atención á saúde mental "é unha prioridade por iso é esencial dotar dos recursos necesarios a sanidade pública galega e tamén e as entidades sociais que como Alume que promoven a recuperación e a inclusión social das persoas con efermidades mentais graves mellorando a calidade de vida das súas usuarias e usuarios" destaca a deputada nacionalista

En saúde mental, como en calquera doenza, é fundamental garantir tempos de asistencia áxiles que permitan actuar con rapidez por iso é básico dotar a sanidade pública dos recursos humanos e asistenciais necesarios tanto na detección, na intervención como tamén na atención integral.

Cómpre lembrar que segundo os datos do informe publicado polo Consello de Contas, "a área sanitaria de Lugo é na que máis medraron as listas de espera en saúde mental nos últimos anos estando aínda moi lonxe o número de profesionais dos que dispoñemos dos necesarios para garantir unha atención de calidade" conclue Rodil

 

Olalla Rodil e Alex Penas visitan as instalacións de Alume en Lugo