RODIL ASEGUROU QUE "FALTAN MOITO PERSOAL EN DIVERSOS CENTROS DE ATENCIÓN SANITARIA EN TODO O PAÍS E PROBA DESTO SON AS MASIVAS MOBILIZACIÓNS QUE SE ESTÁN A LEVAR A CABO EN DISTINTAS COMARCAS E LOCALIDADES"

Olalla Rodil e Carme Aira propuxeron unha sanidade pública ao servizo das persoas nun acto en Pantón

"Especialmente no sur de Lugo danse todas as circunstancias para reforzar unha sanidade que o PP está a desmantelar" dixo a representante do BNG por Lugo ante o Parlamento Galego

Rodil asegurou que "faltan moito persoal en diversos centros de atención sanitaria en todo o país e proba desto son as masivas mobilizacións que se están a levar a cabo en distintas comarcas e localidades"

Olalla Rodil e Carme Aira propuxeron unha sanidade pública ao servizo das persoas nun acto en Pantón

 

Ferreira de Pantón, 13 de xaneiro de 2024. O BNG convocou un acto pola defensa da sanidade pública. No acto participaron as representantes do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil e Carme Aira, e a portavoz municipal Rosana Prieto. Olalla Rodil explicou que "é o PP o único responsable do progresivo desmantelamento da sanidade publica" e engadiu que "especialmente no sur de Lugo danse todas as circunstancias para reforzar unha sanidade necesaria que se está a destruir dende o goberno da Xunta sendo o PP o único responsable xa que, nesta materia, a Xunta ten todas as competencia necesarias".

Pola súa banda Carme Aira, destacou a necesidade de persoal nos hospitais e nos puntos de atención "o persoal non ten continuidade nos seus postos de traballo e non poden coñecer as persoas nin as súas particularidades, cousa que se fai máis necesaria e precisa cando se trata de pacientes con casuisticas peculiares e idade avanzada". Ademais diso, estamos na situación que denunciamos, onde non cobren nin as baixas nin as vacacións, obrigándonos a ir ás urxencias en ambulacia ata o Hula ou o Hospital de Monforte, segundo a gravidade, que xa están o suficiente saturadas.

"Á situación sanitaria provocada pola actual dirección do SERGAS súmase a situación de abandono na que se ven sumidas as persoas que precisan de atención en centros especializados, sobre todo no caso dos maires" explicou a portavoz municipal Rosana Prieto  "gastanse todos os cartos públicos en facer grandes obras e en mercar espazos innecesarios mentre abandoamos aos nosos maiores alegando falta de recursos". Rosana Prieto abondou na necesidade de crear un sistema de atención que permita, mentres sexa posible, a vida nos propios fogares e non o traslado a grandes residencias públicas "quen en moitos casos se atopan a centos de kilómetros dos fogares das persoas afectadas".

Olalla Rodil e Carme Aira propuxeron unha sanidade pública ao servizo das persoas nun acto en Pantón