PENAS: "UNHA PARTE IMPORTANTE DO TRABALLO QUE DESENVOLVEMOS DESDE A ÁREA DE INFRAESTRUTURAS É ATENDER ÁS SOLICITUDES QUE AS VECIÑAS E VECIÑOS NOS FAN CHEGAR POLAS DISTINTAS VÍAS"

Alexandre Penas visita o barrio da Ponte para planificar o traballo da concellería de Infraestruturas

O concelleiro achegouse ata o barrio xunto con persoal técnico municipal para revisar as distintas reclamacións achegadas pola veciñanza


Penas: "unha parte importante do traballo que desenvolvemos desde a área de Infraestruturas é atender ás solicitudes que as veciñas e veciños nos fan chegar polas distintas vías"

Alexandre Penas visita o barrio da Ponte para planificar o traballo da concellería de Infraestruturas



Lugo, 24 de xaneiro de 2024. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou xunto con persoal técnico da concellería o barrio da Ponte para planificar os traballos a executar pola concellería nos vindeiros meses. Penas explicou que "realizamos ao longo do ano visitas ás diferentes zonas da cidade para poder coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza e poder organizar os recursos da concellería do mellor xeito posible".

Alexandre Penas destacou "o esofrzo" que a concellería de Infraestruturas realizou nos últimos anos para atender ás distintas zonas periurbanas de Lugo, e explicou que "barrios como as Gándaras ou galegos recibiron nestes anos unha serie de investimentos importantes que melloraron enormemente a calidade de vida da veciñanza, con actuacións tanto nas rúas e beirarrúas como renovando o alumeado público".

O edil de Infraestruturas animou ás veciñas e veciños de Lugo a facer chegar as súas reclamacións ao Concello, e destacou que estas reclamacións, "xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar"

 

Alexandre Penas visita o barrio da Ponte para planificar o traballo da concellería de Infraestruturas